“O TEU DIÑEIRO CONTA” – UNIDADE DIDÁCTICA 4º ESO.
“ECONOMÍA: MOTOR DE CAMBIO” – UNIDADE DIDÁCTICA 2º BACHARELATO.
Estas guías didácticas son unha proposta educativa realizada por Fiare e forma parte do proxecto de sensibilización “O lugar do diñeiro e as finanzas na nosa sociedade e a súa influencia na Xustiza Económica Global”, financiado pola Deputación Foral de Bizkaia no marco do programa de concesión de subvencións para a realización de proxectos de cooperación, sensibilización e educación ao desenvolvemento.
O que se pretende con este material é sensibilizar ao alumnado de 4º de ESO e de 2º de Bacharelato respectivamente sobre o lugar do diñeiro e as finanzas na nosa sociedade e a súa influencia na Xustiza Económica Global,así como da necesidade de alternativas ao modelo económico tradicional.
Este material didáctico está pensado e deseñado para persoal docente que traballe con alumnado de 4º de ESO e/ou de 2º de Bacharelato.
Podes descargarte os seguintes documentos:
– Unidades didácticas 4º ESO en castelán:
– Unidades didácticas 2º Bach en castelán:
– Unidades didácticas en galego: 4º ESO e 2º Bach.
Tamén as podes atopar en éuscaro no Portal de Economía Solidaria.
Fundación Fiare.
Filed under: Economía solidaria e social,Fiare Banca Etica,Novas |
Deixar unha resposta