Un encontro con grandes avances e retos: Asemblea Extraordinaria Fiare Galiza (29 de setembro de 2012, Vigo)

O pasado sábado 29 de Setembro celebramos a nosa asemblea extraordinaria en Vigo. Unhas cincuenta persoas socias e simpatizantes xuntámonos nos locais da Fundación Proclade dende primeira hora da mañá e, tras compartir un café, iniciamos unha asemblea que contou coa presencia do presidente de Fiare, Peru Sasia.

Na primeira parte da xuntanza, Peru púxonos ao día sobre o proceso de integración coa BpE e o sistema de organización interna no que se está a traballar. De forma moi positiva todos os asistentes valoramos a nova de que para Xullo do ano 2013 espérase poder ofrecer servizos e produtos comúns (banca electrónica, contas correntes, domiciliacións…).  Até ese momento, espérannos uns meses de moito traballo en diversos ámbitos aos que todos podemos contribuír.

Na última parte da asemblea reflexionamos sobre a posibilidade da creación dunha segunda forma xurídica, separada da cooperativa pero relacionada coa mesma, que manteña a rede de redes creada durante todos estes anos e permita realizar certas actividades (parabancarias, denuncia…) que non teñen cabida na cooperativa.

Rematamos a xornada cun almorzo compartido que aproveitamos para coñercenos mellor e intercambiar opinións sobre todo o que acababamos de escoitar.

Podes ler unha noticia relacionada co encontro: “A banca ética decide o seu futuro”.

Anímate e participa neste proceso!

En breve engadiremos información máis polo miúdo na sección de Materiais.

A continuación incluímos máis fotos do encontro do sábado:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: