Som Energía

foto-familia-acte-fundacional1-1024x312

Quen somos?

Som Energía é a primeira cooperativa de enerxía renovable de Cataluña. O modelo xa está moi desenvolvido e funcionando con éxito en países do norte de Europa, como o Reino Unido, os Países Baixos, Bélxica e Dinamarca. Alí, centos de miles de propietarios son membros de cooperativas sen ánimo de lucro que lles proporcionan enerxía verde xerada por muíños eólicos, placas solares, plantas de biogás, etc.

Estes proxectos é demasiado custoso levalos a cabo individualmente, para a maioría de nós. O que Som Energía ofrece é a oportunidade, para miles de persoas que apoian a idea de subministrar enerxía á súa casa con electricidade xerada localmente, de xeito limpo e sostible, de unirse para que isto sexa posible.

Como funciona?

Como cooperativa sen ánimo de lucro Som Energía comeza a vender enerxía verde dende fontes existentes en outubro de 2011. É enerxía comprada dende o mercado e vendida aos nosos socios e socias.

Namentres, desenvolveremos os nosos propios proxectos de enerxía renovable rendibles para producir enerxía para os nosos membros.

Isto permite utilizar enerxía de orixe renovable e a prezo accesible na túa casa, namentres participas na transformación de España nun lugar sostible e ambientalmente respectuoso para vivir. Non che requirirá trocos no xeito de recibir a electricidade na casa . Som Energía encargarase dos requisitos administrativos necesarios para garantir que a enerxía recibida provén dunha fonte renovable.

Porque ser socio/a de Som Energia?

1. Porque todo o mundo pode participar e ter acceso á enerxía de orixe renovable.
2. Porque podes investir directamente en proxectos renovables para desenvolver unha economía sostible.
3. Porque es copropietario/a e todos os membros teñen igual voto coa única achega reembolsable de tan só 100€.
4. Para gañar independencia das grandes compañías enerxéticas.
5. Para gozar dun mellor servizo, con información veraz e cun trato persoal.
6. Porque é un modelo de negocio óptimo ao ser:

  • sen gastos en publicidade
  • sen grandes soldos a directivos
  • con oficinas modestas e eficientes
  • cunha xestión e comunicación vía web

7. Para crear un movemento social a favor das renovables e a participación cidadá.
8. Porque non son só palabras, con Som Energia pasas á acción facendo un consumo responsable e facendo investimentos directos para xerar boa enerxía.

Como podo participar?

  • O primeiro paso é facerse socio de Som Energía: inscribíndote e facendo un depósito de 100€ (reembolsable se decides abandonar a cooperativa). Isto pódese facer en FAITE SOCIO.
  • Os socios terán dereito a mercar enerxía de orixe exclusivamente renovable xerada a partir de fontes existentes en setembro de 2011. Esta enerxía verde ofrécese cos mesmos prezos que a electricidade “sucia” (Tarifa de último recurso). Para contratar a luz con Som Energia por favor completar este formulario.
  • Mentres desenvolveremos os nosos propios proxectos. Algúns destes poderían facerse rapidamente (como pequenas instalacións de enerxía fotovoltaica). Outros (como muíños eólicos) levarán varios anos poñela en marcha.
  • Os socios teñen a oportunidade de participaren no financiamento destes proxectos de investimento, obtendo unha rendibilidade esperada do 4 ao 7%.

Se lle gustaría saber máis sobre Som Energia, por favor contáctenos AQUÍ.

(Traduït per Laura Iglesias Rodríguez)

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Achegamos tamén o enlace a un artigo que presenta a cooperativa Som Energía que comercializa no estado enerxía verde: fiaregz.wordpress.com/2012/10/23/som-energia […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: