Convenio coa Banca Ética Fiare dun novo concello

Convenio. Juan Garibi y Julen Mendoza ayer durante la firma. :: ARIZMENDI

O Concello de Errentería adquire unha participación no seu capital social. O alcalde desexou que sexa «o primeiro paso dunha colaboración no futuro para lograr outro modelo económico máis xusto»

Onte mércores [24 de outubro de 2012] ao mediodía tivo lugar na Sala Capitular a firma dun convenio subscrito entre o Concello de Errenteria e a Banca Etica Fiare. No acto estiveron presentes como asinantes do convenio o alcalde de Errenteria, Julen Mendoza e o responsable da empresa que xestiona o banco, Juan Garibi. Asistiron tamén o director de Fiare, Peru Sasia e varios membros do grupo local de Fiare.

Achega de 1.800 euros

O alcalde destacou o feito de que coa firma deste convenio cúmprese o acordo plenario aprobado pola maioría da Corporación municipal, que recollía facer unha achega de 1.800 euros para entrar no capital social da empresa e «que é máis importante no simbólico que no económico».

O alcalde Julen Mendoza destacou o feito de que «nestes momentos en que se está pondo en cuestión o sistema bancario en todo o mundo, é importante apoiar a unha banca popular con implicacións sociais e que permita crear outro modelo económico. Cremos que Fiare ten unhas fins sociais interesantes que hai que apoiar».
Julen Mendoza desexou que o convenio asinado onte «sexa un primeiro paso e que sigamos colaborando e esta implicación se amplie no futuro».

Xerar confianza

Pola súa banda, Juan Garibi agradeceu o apoio mostrado tanto polo Concello como polo grupo local de Fiare «que nos abriu as portas a que o Concello confíe en nós. Non temos sedes, nin signos externos e por iso pensamos e queremos que esta credibilidade extra que nos dá o Concello de Errenteria se poida trasladar tamén á cidadanía, xa que é un proxecto que estamos a construír e aínda non está finalizado».

Explicou que este respaldo do Concello «permitiranos seguir adiante e poder empregar os recursos da comunidade en favor da propia comunidade e non da especulación ou de produtos estraño que ninguén entende».

Garibi finalizou dicindo que «como dixo antes o alcalde, tratamos de pór en práctica un sistema alternativo, que non quede só nas ideas».

LUISMA RODRÍGUEZ.

Fonte: Diario Vasco.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: