Ugo Biggeri: “A banca ética non está ao servizo da rede social, é a rede social”.

Ugo Biggeri (imaxe de Arç Cooperativa).

Ugo Biggeri preside a Banca Popolare Etica (BPE) italiana, un dos principais bancos éticos europeos. Creado hai 13 anos polos colectivos sociais daquel país, hoxe ten 38.000 socios que promoven unha xestión responsable do diñeiro. Este setembro, Biggeri estivo en Barcelona para avanzar na integración entre Fiare e a entidade italiana, unha semente que, cando xermine, converterá Fiare no primeiro banco ético cooperativo de España. Nesta conversación, Biggeri reflexiona sobre os límites e os retos de futuro da banca ética.

Por que a maioría dos bancos son especulativos?

Porque as leis que rexen os mercados favorecen o investimento especulativo. Só o 37% do aforro dos 30 bancos máis grandes do mundo invístese en economía real. O resto serve para especular con calquera cousa imaxinable, mesmo coa crise de España. As leis do mercado teñen dous problemas básicos: por unha banda, a avaliación no mundo das finanzas é trimestral e non pode solucionar os problemas sociais e ambientais, que requiren solucións a longo prazo. Doutra banda, as regras de prudencia do risco afastan do sentido común. Asocia curto prazo con menor risco e pode parecer menos arriscado investir en Lehman Brothers que nunha cooperativa social, aínda que se demostrou o contrario. Fan falta solucións políticas para cambiar as regras dos mercados. Os últimos meses vimos como en España rescatáronse aos bancos con diñeiro público.

Que deberiamos facer cos bancos descapitalizados?

Os cidadáns só podemos cambiar o lugar onde depositamos os aforros, pero os políticos poderían facer moitas cousas antes de decidir se nacionalizan os bancos. Por exemplo, prohibir os derivados puramente especulativos, que permiten especular sobre cuestións como a calor que afecta a unha colleita de trigo dun investidor que non ten trigo. Tamén poderían establecer a taxa para as transaccións financeiras, que faría aumentar a transparencia. Hai que ter en conta tamén que os bancos públicos non sempre actúan correctamente. Por exemplo: Royal Bank Scotland (do Reino Unido) nacionalizouse, pero fai presión contra a regulación dos mercados financeiros, é dicir, fai lobby contra o mesmo goberno.

A solución, pois, está en mans dos políticos?

Si. Con todo, os cidadáns temos un problema aínda máis grave que o rescate dos bancos: a débeda pública que teremos que pagar. É moi absurdo que sexan os mercados os que regulen os intereses da débeda pública!

En que se diferencia a banca ética da banca capitalista?

A banca ética responde as preguntas sobre claridade e transparencia dos aforradores. Non é unha banca ao servizo da rede social, senón unha banca da rede social cun nivel de transparencia que ningún outro banco non pode igualar. Por tanto, xera confianza. A xente desconfía dos mercados, pero un banco claro e transparente sobre o aforro mantén toda a confianza dos aforradores. Por outra banda, a banca ética promove a participación dos cidadáns de maneira mutualística. É unha forma moderna de mutualismo que combina o arraigamento territorial e a visión de futuro.

Un banco que non ten un modelo cooperativo ou democrático pódese considerar ético?

Non é o mesmo un banco responsable que un banco ético. O concepto de banca ética naceu en Italia e nalgúns países do sur de Europa e baseábase no control da gobernanza e na coparticipación da rede social. É unha banca coa vontade política de transformación. En cambio, no norte de Europa xurdiron os bancos responsables: entidades eficientes, transparentes, que traballan para a colectividade, pero que non teñen unha vocación política transformadora. Non están, por exemplo, interesados en instaurar a taxa sobre as transaccións financeiras. Son dous enfoques diferentes, pero moi próximos.

Póñanos un exemplo dun investimento que considere ético e outro dun investimento que non faría nunca Banca Popolare Etica.

Non apoiariamos, por exemplo, a un fondo de pensións que invista en instrumentos financeiros baseados en accións de empresas que fan desaparecer postos de traballo. Para nós, o investimento ético baséase na economía real. Financiamos proxectos que serven para dar traballo a cooperativas, como Libera Terra, unha iniciativa que fai fronte á criminalidade cedendo ás cooperativas agrarias as propiedades que o goberno confisca á mafia italiana. Cada vez que a mafia fai unha acción violenta, como queimar campos, estas cooperativas reciben unha cantidade de diñeiro de BPE superior ao custo das desfeitas. Así, conseguimos que a mafia non queime case nada. Tamén investimos en necesidades cotiás, como as asociacións que necesitan un crédito para comprar un local.

A estrutura de Banca Popolare Etica, e tamén de Fiare, é orixinal. Como a explicaría?

Baseámonos na figura do “banqueiro ambulante”, é dicir, persoas que abren novas sedes de maneira autónoma e que traballan sen incentivos. A falta de incentivos é unha garantía para os aforradores. A nosa estrutura ten dous eixos que traballan de maneira paralela: o operativo e o asociativo, baseado en voluntarios. Tamén separamos a avaliación financeira da avaliación ético-social. A segunda faia un comité de avaliadores que se fixa na validez social dos proxectos e isto é clave para manter a morosidade baixa.

Precisamente as cifras do último barómetro das finanzas éticas do Estado español mostran que a banca ética ten unha morosidade máis baixa que a banca capitalista. A crise non afecta á morosidade de BCE?

O crecemento da morosidade é un problema para toda a banca, tamén para BPE. Coa crise, a nosa morosidade creceu do 1% ao 1, 1%, unha cifra pequena en relación co 6% de morosidade media dos outros bancos, pero que nos fai estar atentos. Calculamos que a morosidade seguirá crecendo porque moitas cooperativas dispuñan duns recursos dos concellos, que se esgotaron. Para nós, o máis interesante é que buscaremos a solución deste momento difícil xunto coas cooperativas. Por exemplo, impulsamos un proxecto de microcréditos, que servirá para capitalizar as cooperativas con problemas para subsistir.

Que deberiamos esixir aos bancos capitalistas para que sexan máis éticos?

Un cidadán só pode facer pouco, é necesario que nos organizamos en movementos cidadáns. En Inglaterra, por exemplo, a revista Ethical Consumer impulsa a campaña Move your money, na que os cidadáns poden consultar os bancos do Reino Unido que operan mellor. Trátase dun movemento facilitador. Individualmente, sempre podemos facer a petición de transparencia na nosa entidade, pero é difícil porque, en xeral, a banca non quere ser transparente.

É optimista coa futura integración de Fiare e Banca Popolare Etica?

Prevexo un moi bo futuro. Fiare será capaz de ofrecer a maioría de servizos dos bancos tradicionais. Teremos que buscar fórmulas máis lixeiras que as clásicas oficinas bancarias porque o modelo de hoxe non pode ser o de fai dez anos. Son optimista sobre todo porque en España existe o movemento dos Indignados e iso é unha oportunidade. As peticións que os Indignados e Occupy Wall Street fan os bancos parécense moito ás que fai vinte anos tiñamos cando se constituíu a BPE.

Está preto o horizonte dunha a cooperativa europea de crédito?

A integración de Fiare e Banca Popolare Etica é o primeiro paso dun proxecto de banca cooperativa europea. Esta mesma fusión poderíase levar a cabo noutros países, pero queremos ser prudentes. A cooperativa europea é un horizonte de futuro, pero poida que haxa outras. Dependerá dos nosos dous obxectivos: o cooperativismo e a mutualidade.

Fonte: Arç Cooperativa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: