A economía solidaria pide crédito no peto común

Xoves, 01/11/12.  Barcelona

O préstamo noFestival ZEMOS98 o pasado mes de abril en Sevillan flúe no mercado bancario pero alternativas cooperativas como COOP57 si axudan a financiar proxectos con obxectivos sociais.

Toda decisión económica é unha decisión ética. Este é o principal argumento da banca que non é especulativa senón solidaria. O lector, a lectora, preguntarase se hai seica unha banca que non preste diñeiro hoxe para recibir máis diñeiro mañá. Tamén se preguntará se existe algunha solidariedade neste sistema que non sexa a que se teñen entre si os banqueiros.

“Se os investimentos son transparentes, os obxectivos son éticos, os fins son sociais, a xestión do banco é democrática e hai unha preocupación social e ecolóxica, entón falamos de economía solidaria”, explican desde a Xarxa d’Economia Solidària (XES), unha rede de organizacións e cooperativas catalás de consumo, produción, intercambio, comercialización e financiamento co obxectivo de construír unha economía sustentable para o desenvolvemento persoal, social e ambiental. Isto non é teórico. Esta economía está a construírse, aínda que é posible que os grandes valos publicitarios dos bancos, os logos nos aleróns dos coches de carreiras ou os fondos europeos de rescate á banca non nos deixen velo.

A cooperativa de servizos financeiros, éticos e solidarios COOP57 forma parte da Xarxa antes mencionada. COOP57 deixa diñeiro, pero non é un banco. Nin unha caixa. Nin unha financeira de préstamos persoais rápidos. “Aínda que a situación sexa dura, seguimos dando crédito e somos os únicos que o seguimos dando”, explica Ramón Pascual, o seu coordinador xeral. No ano 2011 realizaron 180 operacións de crédito e só negaron catro de todas as solicitudes que recibiron, “todo o contrario do que está a pasar na banca convencional”, lembra Pascual.

Non é o mesmo

A economía solidaria non é o mesmo, aínda que os termos se confundan, que a chamada I.S.R. ou Investimento Socialmente Responsable, que é o que impulsan as Caixas de Aforros

Esta cooperativa non ten clientes, senón socios, e soamente concede préstamos a estes, que achegan 1.000 euros para entrar. En 2010 recibiu algo máis de 8 millóns en achegas e prestou 6,2 millóns duns euros que unicamente poden destinarse a proxectos de economía social que promovan a ocupación, o cooperativismo, o asociacionismo e a sustentabilidade.

A economía solidaria non é o mesmo, aínda que os termos se confundan, que a chamada I.S.R. ou Investimento Socialmente Responsable, que é o que impulsan as Caixas de Aforros en foros como o celebrado o pasado 17 de outubro en MadridSpainsif. Aquela xornada inaugurouse coa presenza de Vicente Martínez Pujalte, portavoz do PP na Comisión de Economía e Marcos Pena Pinto, presidente do Consello Económico e Social de España. Alí achegábase este dato ( PDF): a finais de 2011 investíronse 57 millóns de euros en I.S.R., un 71% máis que a finais de 2009. “O capitalismo postcrise será cun rostro máis humano”, dixo nese foro Martínez Pujalte. É dicir, o investimento responsable é un bo investimento.

“As Caixas de Aforros non son responsables nin democráticas, eles din que son transparentes pero a súa estrutura non o é”, explica o portavoz da XES ao ser preguntado pola diferenza entre “economía solidaria” e “investimento socialmente responsable”. “Ollo coa mercadotecnia verde”, engade.

Virtuoso e non vicioso

Ramón Pascual afirma que moven máis diñeiro agora que nunca, e que “o crecemento vai ser espectacular”. “Usamos instrumentos fora do marco que funcionan con rigor e que fan outras cousas que mesmo os bancos éticos teñen dificultades para facer”. O colectivo de xestión cultural ZEMOS98 ten previsto solicitar un préstamo de 98.000 euros a COOP57, de quen son socios desde outubro de 2011. “Únenos un proxecto común”, explica Sofía Coca, de ZEMOS98. “Un dos motivos é que a taxa de morosidade de COOP57 é moi baixa, por baixo da das entidades financeiras convencionais”. Das case 200 operacións de crédito que realizan nun ano, tan só en seis ocasións tívose que recorrer aos avalistas debido ao fracaso dos proxectos e a imposibilidade de devolver os cartos.

“Durante estes anos de actividade, algunhas entidades financiadas pasaron por dificultades e tiveron problemas para efectuar os pagos do préstamo” -continúa Sofía- Estas situacións resolvéronse renegociando ou aprazando o pago para poder superar o momento crítico. Hai que ter en conta que as entidades que piden préstamos son á vez socias de COOP57, de forma que tamén cren no proxecto e se corresponsabilizan del. Todas xuntas creamos un círculo virtuoso”.

Das case 200 operacións de crédito que realizan nun ano, tan só en seis ocasións tívose que recorrer aos avalistas debido ao fracaso dos proxectos e a imposibilidade de devolver os cartos

Ramón expón o seguinte caso: unha socia pide 50.000 euros cun aval mancomunado -aval persoal, non patrimonial- por dez avalistas, a razón de 5.000 euros cada un. As cousas van mal, a crise sacódeos, e ao cabo dun tempo aínda deben 25.000 euros que non poden retornar. “Se se considera que actuaron de boa fe”, reúnense cos avalistas e expónselles fórmulas para tentar colleitar o capital e inmediatamente déixanse de xerar intereses. As fórmulas poden ser, por exemplo, cotas de 100 euros durante 25 meses.

Prestar o futuro

Nestes instantes, ZEMOS98 está a recompilar avais, para o que abriu unha campaña pública e extensiva a todo aquel que confíe no seu proxecto, que está relacionado coa transformación da cultura e a sociedade mediante unha produción crítica do coñecemento e un enriquecemento do procomún. “Queremos iniciar un proceso de independencia con respecto á banca tradicional, desprecarizar os proxectos nos que estamos inmersos, afianzar os lazos de confianza coa nosa comunidade e aproveitar para facer unha campaña de promoción da economía social e solidaria”, explican na súa campaña #avaloZEMOS98.

“Avalo a ZEMOS98 polo seu traballo en favor da cultura aberta, porque vale a pena explorar novos modelos de sustentabilidade e por todos os proxectos futuros que necesitamos”, di Juan Freire

A falta de 15 días para que acabe a campaña de recollida de confianzas “que pode ser de 100, 500, 1.000, 2.000 euros ou máis”, teñen xa o 62% do total. “Avalo a ZEMOS98 polo seu traballo en favor da cultura aberta, porque vale a pena explorar novos modelos de sustentabilidade e por todos os proxectos futuros que necesitamos”, di Juan Freire, biólogo, profesor universitario e emprendedor, un testemuño máis entre 140 que falan de confianza, de modelos diferentes, de economía de afectos ademais da dos cartos, de accións necesarias.

“Cremos que sempre estivemos preto da economía social e solidaria pero agora dámonos conta de que temos que autonomearnos así”, analiza Coca. “A débeda que temos [cos bancos] débese, en parte, a que a cultura é inmensamente rica para a cidade pero xeralmente deficitaria para os seus xestores. Situarnos ao lado da economía social supón unha reconciliación co noso modelo produtivo e o intento de ser máis consecuentes, non só desde o punto de vista financeiro, que sen dúbida é un motivo que apreta, senón tamén de como nos relacionamos coa realidade social da que formamos parte. Sen dúbida, só nós somos responsables dalgúns dos motivos que nos levaron até aquí. Doutros, con todo, somos testemuñas dun sistema que depreda sen control as nosas vidas, os nosos lazos e a nosa garantía, non xa de futuro, senón de presente máis inmediato”.

Fonte: praza.com e www.eldiario.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: