Campaña de apoio económico (crowdfunding) para o desenvolvemento do Mercado Social

Mañá, martes, 6 de novembro, o Mercado Social (MES) lanza a súa primeira campaña de Crowdfunding (financiamento en masa) para poder financiar algunhas das ferramentas necesarias para que o MES poida seguir desenrolándose con toda a potencia que ten e así seguir fortalecendo a economía alternativa e solidaria.

Desde hai varios anos diferentes organizacións, redes e principalemente a Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS Rede de Redes) estamos impulsando a posta en marcha do que se denomina Mercado Social:Unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios, constituída por empresas e entidades da economía social e solidaria xunto con consumidores e consumidoras individuais e colectivos. O seu obxectivo é que esta rede permita cubrir unka parte significativa das necesidades dos seus participantes e desconectar a economía solidaria da economía capitalista, tanto como sexa posible”.

Para seguir avanzando no obxectivo de construír un Mercado Social que estableza outras relacións económicas, baseadas nos principios da economía solidaria precisamos recursos económicos que permitan impulsar nestes momentos un proceso de traballo que ven de ben lonxe. Para logralo lanzamos unha campaña para captar microdonacións (crowdfunding) a través dunha plataforma moi relacionada co fomento e a promoción de proxectos de economía social como é GOTEO. No proxecto que subiremos a esta plataforma estará detallado o orzamento de inversións que se realizará cos cartos que consigamos entre todos e todas.

Ás persoas u organizacións cercanas a esta proposta o que vos pedimos, por agora, é que esteades atentas e avisedes ás vosas redes de afinidade, para que mañá martes estemos todos/as atentos/as ao lanzamento e colaboredes coa difusión. Mañá xa teremos á vosa disposición as instruccións para poder apoiar económicamente o proxecto todas aquelas persoas e organizacións que apostamos por outra economía!

Construamos o Mercado Social!
Democraticemos a economía!

Un saúdo.
www.konsumoresponsable.coop
(REAS Rede de Redes, Ecologistas en Acción, Fiare Banca Ética, Coop57, Arç Seguros, Diagonal Periódico, Ideas Comercio Justo, Reas Euskadi, Reas Navarra, Reas Aragón, Xes, Reas Galicia, Reas Rioja, Reas Madrid,… son as entidades e redes promotoras da construción do Mercado Social Estatal)

Podes atoparnos en Facebook e en Twitter: @mmercadosocial

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: