Campaña de crowdfunding do Mercado Social

Hoxe [6 de novembro de 2012] lanzamos a campaña de crowdfunding do Mercado Social en Goteo.org, como foi anunciado durante a última semana. Tes toda a información e a forma de apoio aquí: http://goteo.org/project/desarrollando-el-mercado-de-economia-solidaria

Os obxectivos da campaña son:

1.- Conseguir financiamento para seguir desenvolvendo ferramentas que permitan avanzar na construción do Mercado Social a nivel estatal.Desarrollando el Mercado de Economía Solidaria

2.- Dar a coñecer o Mercado Social e ás entidades que o compoñen entre diferentes públicos.

3.- Xerar sinerxias e cooperación entre os distintos nodos e entidades que compoñen o Mercado Social.   Crowdfunding é financiamento en masa.  A través dunha plataforma de internet, como Goteo cada entidade ou persoa pode facer as súas aportacións monetarias ou non, axudándonos a construír o mercado social.

Cada achega irá destinada a:

– Achegas monetarias

  • Desenvolvemento web – 4000 €
  • Elaboración, edición e integración nunha base de datos da Guía de criterios para un mercado social (Balance Social) – 5000 €
  • Labores de coordinación de contidos da Web Konsumoresponsable.coop – 2200 €
  • Labores de difusión, acollida – 1190 €

– Achegas non monetarias

  • Desenvolvemento páxina web
  • Desenvolvemento APP moeda social
  • Comisións de xestión e comunicación

DESENVOLVENDO O MERCADO DE ECONOMÍA SOLIDARIA
Cooperar para transformar, fortalecendo ferramentas para ampliar o Mercado Social

Por Mercado Social entendemos unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios, nun territorio determinado, constituída tanto por empresas e entidades da economía solidaria e social como por consumidores/as individuais e colectivos.

Este proxecto pretende desenvolver instrumentos e ferramentas que nos acheguen, que faciliten a intercooperación e o apoio mutuo entre consumidores, distribuidores e empresas que pretenden dar respostas globais, desde a súa función como axentes económicos, aos diferentes desafíos que temos como sociedade civil.

Entre outros proxectos queremos desenvolver unha plataforma web que facilite información a consumidores conscientes, ferramentas de certificación participativa, o desenvolvemento de moedas complementarias, lugares de encontro entre consumidores e distribuidores, etc.

Os bens que se producen e distribúen no mercado social cumpren tres características: ser socialmente útiles, ser ecoloxicamente sustentables e ser producidos con equidade e de forma democrática. Para iso pretendemos desenvolver ferramentas de certificación participativa.

Ademais de producir bens e servizos, entendemos que o mercado social é un instrumento que xera aprendizaxe colectiva, innovación social e tecnolóxica, relacións sociais e proxectos innovadores.

Características básicas

O proxecto componse de diferentes ferramentas de intercooperatición entre produtores, distribuidores e consumidores, que forman parte do proxecto, que se artellan ao redor dunha estrutura xurídica. Os aspectos básicos máis relevantes son os seguintes:

1. O desenvolvemento de estruturas territoriais de distribución e consumo de bens e servizos producidos con criterios sociais e ecolóxicos, que articulen a consumidores e produtores, favorecendo a comunicación e a venda directa. Estas redes territoriais articularanse en cooperativas de consumo.

2. O desenvolvemento dunha rede de distribución que vincule os mercados sociais desenvolvidos nos distintos territorios, ofrecendo bens que son comúns para o conxunto, como produtos financeiros, seguros, produtos de comercio xusto, produtos culturais ou de software libre. Para iso, a ferramenta principal é o portal www.konsumoresponsable.coop/, unha plataforma de información sobre temas de consumo responsable e un portal de venda on-line con información ampla sobre cada un dos produtos e servizos ofrecidos.

3. Potenciar a creación, o desenvolvemento e a consolidación de proxectos e empresas que potencien o desenvolvemento integral das persoas, o acceso ao emprego das con menos oportunidades, o respecto ao medioambiente, o compromiso co territorio do que forman parte e a cooperación, como principios da súa actividade económica e social.

4. O desenvolvemento de instrumentos innovadores que nos permitan explorar novas formas de economía alternativos ao sistema actual, e que sexan beneficiosos para o desenvolvemento social. Entre estes cabe destacar o desenvolvemento de sistemas de moedas complementarias, dun conxunto de ferramentas para facilitar a certificación participativa de produtos e servizos e a xeración de canles de información, comunicación e sensibilización para produtores e consumidores que faciliten un consumo consciente e de ciclo curto.

image

Motivación e a quen vai dirixido o proyecto

A todas as persoas que crean que é imprescindible fortalecer un espazo de intercambio de bens e servizos baixo os principios da Economía Solidaria.  Somos moitos e moitas os que estivemos traballando por que esta idea vexa a luz e agora é tempo de volvela máis operativa, máis accesible, para que todos e todas podamos participar.

image

Obxetivos da campaña de crowdfunding

A Rede de Economía Alternativa e Solidaria (www.economiasolidaria.org/) naceu no ano 1995, e en decembro de 2000 converteuse nunha Rede de Redes que agrupa a redes territoriais e sectoriais. REAS nace da necesidade detectada por un conxunto de entidades cunha longa traxectoria de traballo no desenvolvemento de iniciativas económicas que trataban de dar resposta á integración social, económica e cultural dunha parte da poboación, sobre todo a máis desfavorecida, e que eran conscientes das dificultades existentes.

A necesidade de fortalecer lazos e xerar enfoques diferentes, que facilitasen e promovesen alternativas posibles, reais e duradeiras foi o motivo de ir creando articulacións cada vez máis numerosas que culminaron na creación da rede. Xuridicamente REAS é unha Asociación de carácter non lucrativo, sen filiación partidista ou relixiosa algunha, con ámbito de actuación en todo o territorio do Estado Español.

Neste momento a rede está composta por máis de 200 entidades que nos agrupamos en redes territoriais, con presenza en 11 territorios, e sectoriais, recuperación e finanzas alternativas. Estamos presentes no ámbito internacional a través de RIPESS (Rede Intercontinental de Promoción da Economía Social e Solidaria).

O mercado social é unha proposta estratéxica da Rede de Economía Alternativa e Solidaria desde hai máis de 5 anos, pero nestes momentos as entidades e redes promotoras da construción do Mercado Social Estatal son ademais de REAS Rede de Redes, Ecologistas en Acción, Fiare Banca Ética, Coop57, Arç Seguros, Diagonal Periódico, Ideas Comercio Xusto, Reas Euskadi, Reas Navarra, Reas Aragón, Xes, Reas Galicia, Reas Rioja, Reas Madrid e Reas Murcia.

No desenvolvemento do mercado social hai actualmente implicadas máis de 80 entidades, que dedican parte dos seus recursos humanos e económicos ao desenvolvemento do mesmo, así como persoas interesadas que achegan de forma voluntaria o seu tempo.

Entra na web da campaña e apoia o desenvolvemento do Mercado Social.

Fonte: GOTEO

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Fiare GZ achegannos esta campaña de apoio ao Mercado […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: