Banca Popolare Etica – Fiare

Nestes días estase a producir o traspaso de participacións de Fiare a Banca Popolare Etica – Fiare: o 26/11, en Bilbao e Vitoria; o 27/11, en Bilbao e Pamplona; o 28/11, en Bilbao, Valladolid e Santiago de Compostela; o 29/11, en Donosti e Madrid; o 30/11, en Granada e o 1/12 Córdoba.  A próxima semana farase na zona Mediterránea: o 3/12, en Barcelona; o 4/12, en Barcelona e Valencia e o 5/12, en Mallorca. Isto é posible grazas ao gran traballo de moitas persoas.  Antes de que finalice o ano realizarán este traspaso unhas 250 persoas e organizacións en todo o estado. Durante o 2013, farémolo coa maioría de persoas socias de Fiare.

Hoxe, 28/11, en Santiago de Compostela 18 persoas socias de Fiare Galiza firmamos este traspaso de participacións a Banca Popolare Etica – Fiare como mostra de que en breve todas as persoas que así o desexedes poderedes formar parte deste gran proxecto.

Achégate e participa nesta cooperativa de crédito de banca ética de ámbito europeo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: