A economía solidaria é a vía para superar a crise do capitalismo

O filósofo francés Edgar Morin  asegurou hoxe en Quito que “non hai modelo” a seguir para afrontar os problemas do capitalismo, pero suxeriu fortalecer unha economía “social e solidaria” como vía de desenvolvemento.

[Quito – 26 nov] Ademais, apuntou que para el, a esquerda europea “está fosilizada” e que é América Latina o continente da “esperanza”, polos cambios que xorden en diversos países da rexión.

Convidado pola Casa da Cultura Ecuatoriana (CEE), Morin, de 91 anos, efectuará hoxe mesmo unha exposición sobre o seu libro La vía para el futuro de la humanidad.

O presidente da CEE, o escritor ecuatoriano Raúl Pérez Torres, ao presentar a Morin nunha rolda de prensa, asegurou que se trata de “un dos filósofos máis grandes do século XX”.

Morin, que acompañou ao movemento dos Indignados en España, asegurou que “o mellor do humanismo pódese atopar en América Latina” e, a pesar de que esa corrente pasa por dificultades, ten nesta rexión “unha vitalidade que xa non existe en Europa“.

Para el, “todas as crises están conectadas e é evidente que hai unha crise que vén deste novo tipo de capitalismo, que é a especulación financeira e que ten o seu dominio sobre a terra”.

“É evidente que hai unha crise económica, porque non hai regulación sobre a economía, pero tamén hai unha crise sobre a humanidade que non chega a volverse humanitaria“, sostivo o filósofo francés.

Morin dixo crer nunha “nova humanidade”, que non negue as nacións pero que apunte a un mundo con “máis comunidade, máis autonomía”, que “non son dúas cousas antagónicas”.

Ademais, sostivo que “a diversidade é o tesouro da unidade humana” e que, para el, esa é unha “vía do pensamento correcto”.

“Hoxe en día a cuestión é que non hai un modelo”, como si os había no pasado, engadiu tras afirmar que “non necesitamos modelo, necesitamos un camiño, unha vía“.

Esa estratexia, segundo Morin, debería desenvolver “a economía social e solidaria, desenvolver as cooperativas, as mutualistas, debemos desenvolver unha economía verde, non só polas fontes de enerxía limpas, senón tamén unha humanización das cidades”.

Tamén “a supresión dos paraísos fiscais, necesítase unha fiscalidade sobre as transaccións financeiras, necesítase un control das finanzas” para contrarrestar “a regresión do poder do diñeiro e as corrupcións que están ligados ao capitalismo actual”, engadiu.

Débese “buscar un camiño de evolución” que non desintegre os valores e con iso, por exemplo, alcanzar e mellorar un “consumo de veciñanza” que permita desenvolver “a pequena agricultura, ecolóxica, campesiña“, suxeriu.

Finalmente, Morin referiuse ao problema do narcotráfico e a violencia que este desatou en América.

Para el, “non hai problema da droga”, o que hai no mundo “é o problema da adicción” e o consumo desmedido dese tipo de sustancias que, á súa vez, crearon mafias que as distribúen sen medida.

“O único modo de loitar contra todas as mafias é a legalización internacional de todas as cousas que se chaman droga”, apuntou Morin e lembrou que un caso similar deuse coa prohibición do licor en Estados Unidos na década dos anos vinte e trinta.

“Se legalizamos, desaparecerán as mafias das drogas”, apostilou o filósofo francés.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: