O proxecto Fiare de Banca Ética: unha estratexia a longo prazo

Peru Sasia, responsable de Banca Etica Fiare.“Imos amodo porque imos lonxe” é unha frase que adoita aparecer de cando en vez en manifestacións de distinto tipo, nas que a cidadanía e as organizacións sociais que se mobilizan queren non só realizar unha expresión puntual de indignación ou denuncia, senón declarar o seu firme compromiso de articular unha resposta sostida e sustentable ante aquilo que nun momento determinado esixe a nosa mobilización.

04/12/2012.  Peru Sasia, Director do Proxecto Fiare

Nos últimos meses estamos a asistir a manifestacións deste tipo, en resposta suficientemente xustificada ante as continuas agresións á estrutura básica de dereitos cidadáns que se están producindo en moi diversas frontes. Particularmente na “fronte financeira” somos todos testemuñas a diario do drama dos desafiuzamentos, da estafa da venda de participacións ou das consecuencias no emprego da restrición do crédito.

Ante esta situación, resulta inevitable, como dicimos, expresar a nosa indignación co que está a ocorrer no ámbito financeiro. Pero, non o esquezamos, resulta tamén imprescindible desenvolver actuacións a medio e longo prazo que contribúan á súa superación. Algunhas deberán operar sobre as entidades financeiras sobreviventes, tentando mediante a lexislación e o control que non se poidan producir os desmáns que conduciron á situación actual. Outras deberán preguntarse pola necesidade de consolidar ferramentas financeiras baixo control público. Ambas as dúas estratexias, non o esquezamos, necesitan de poderes públicos suficientemente capaces e motivados para afrontar ambas as dúas tarefas.

Pero existe tamén un campo posible, imprescindible nestes tempos nos que os axentes económicos escriben o guión, para a creación de novas ferramentas financeiras que sexan capaces, como xa ocorreu noutros tempos, de conectar aforro e crédito sobre a base dun circuíto económico en mans de persoas e organizacións comprometidas con reconstruír a economía sobre bases que poñan o seu valor social por encima da rendibilidade económica. Novos circuítos autoxestionados nos que a transparencia, a participación, a vinculación co territorio e coa economía real, son valores polos que merece a pena renunciar á procura do mellor ofertante no casino investidor. Novos circuítos que non esperen a ese Estado protector ao que, valla a redundancia, séguese esperando cada vez con menos esperanza.

fiareFiare (www.proyectofiare.com) leva xa varios anos consolidando un circuíto financeiro deste tipo, e nestes meses está a dar os últimos pasos para reforzar a súa aposta por unha cooperativa de crédito de banca ética. A Asemblea de persoas e entidades socias de Euskadi que tivo lugar en Donostia o pasado 10 de Novembro aprobou, como o viñeron facendo as diferentes territoriais socias de todo o estado, o proceso de integración das máis de 3.000 persoas e 300 organizacións que constitúen a súa base cooperativa, coa Cooperativa de Crédito de Banca Popolare Etica. Un proceso de alto valor non só pola súa capacidade de consolidar unha ferramenta financeira de banca ética capaz de ofrecer os servizos bancarios habituais (contas correntes, tarxetas ou banca por internet), senón pola súa potencialidade como modelo de articulación de alternativas económicas a escala europea, construídas pola cidadanía e desde o territorio.

A Asemblea estatal do próximo 16 de Marzo de 2013 e a asemblea de integración que terá lugar posteriormente en Florencia o 18 de Maio suporán a lombeirada definitiva a unha fase de construción que contou coa participación de centos de persoas, tanto de Fiare como de Banca Popolare Etica, que miramos ilusionadas unha realidade cooperativa europea construída paso a paso, con máis de 40.000 persoas e organizacións socias e capaz de canalizar mil millóns de euros de aforro cara ao apoio mediante o crédito de proxectos de alto valor social.

É importante destacar o gran valor que ten para Fiare a incorporación de axentes sociais significativos na súa rede e as súas estruturas de participación (cada asemblea, cada oficina, cada grupo local, cada comisión de avaliación ético social do crédito…). Supón un respaldo esencial para a consolidación dun proxecto sólido e crible e, neste sentido, resulta de gran importancia a recente incorporación do sindicato ELA, e que vén fortalecer unha rede na que se atopan cada vez máis organizacións que apostou por apoiar o proxecto Fiare. Un proxecto que, como diciamos ao comezo, vai amodo porque quere chegar lonxe, sen atallos nin decisións que poidan condicionar a súa capacidade de autoxestión nin o seu valor como alternativa. Un proxecto que se fai día a día con quen van entendendo (e somos cada vez máis) que construír alternativas é un imperativo de cidadanía nestes tempos.

Fonte: www.mrafundazioa.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: