Fiare Galiza moi presente en varias vilas galegas

Queremos que todas e todos esteades moi ben informados de como se está a mover Fiare Galiza por toda a nosa terra.  A continuación facémosvos un pequeno resumo dalgunhas das actividades que tiveron lugar durante as últimas semanas e tamén teremos en conta o que acontecerá na vindeira:

– En primeiro lugar resaltamos as reunións da Xunta Directiva de Fiare Galiza e dos grupos locais de Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Vigo, … que se desenvolveron durante estas semanas.  Se queres máis información de como participar nalgún destes momentos de encontro, reflexión e traballo, non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com

Charla-sobre-Banca-Etica-en-Corcubion– O 9 de Novembro de 2012, ás 20 h. na Terraza do Hórreo, tivo lugar unha charla sobre banca ética en Corcubión organizada por Cosal-Costa da Morte e Buserana. Contou coa participación dunhas quince persoas que mostraron o seu interese por coñecer o panorama xeral da banca ética e a proposta de Fiare. Un dos socios do grupo local de Compostela achegou a nosa alternativa financeira, dialogou coas presentes e respostou ás súas preguntas.

– O 28 de Novembro de 2012, ás 12 h., participamos xunto con Tamara Lemos (directora da oficina da Coruña de Triodos Bank) na “MESA REDONDA: MODELOS ALTERNATIVOS Á BANCA TRADICIONAL” no Salón de actos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais do Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela. Culturgal

– Como non podía ser doutro xeito, o 1 de decembro de 2012, tamén puidemos estar presentes no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra).

– A tarde do 28 de novembro de 2012 foi o momento reservado para comezar co traspaso de paticipacións de Fiare a Banca Popolare Etica no que participamos unhas 18 persoas socias de Fiare Galiza.

finanzaseticas-charlaGondomar– O 4 de decembro de 2012 ás 20 h., formamos parte da Charla-coloquio: “Finanzas Éticas: O diñeiro ao servizo da transformación social” no local de Anova en Gondomar (ao carón do Bar Gondomar). A esta mesa redonda asistiron unhas corenta persoas interesadas en coñecer máis sobre as finanzas éticas. Houbo unha exposición conxunta de AIS O Peto (Miguel Quinteiro), Coop 57-Galicia (Ramón Carmelo) e Fiare Galiza. Demostrouse unha vez máis que en tódolos lugares, por pequenos que sexan, hai persoas interesadas en coñecer os problemas que nos afectar e en buscar alternativas ao sistema financeiro actual.Feira-Nadal-dec2012-Corunha

– O 12 de decembro de 2012 ás 11:30 h. fomos invitadas/os a falar de banca ética e, en particular, de Fiare na Facultade de Económicas do Campus de Elviña da Universidade da Coruña dentro da III Feira da Sustentabilidade (Feira de Nadal: mercadiño de troco, comercio xusto, artesanía, obradoiros…).

logo REAS Galicia– Non debemos esquecer que o próximo sábado, 15 de decembro de 2012, acontecerá a Asemblea Xeral dos nosos compañeiros e compañeiras de REAS Galicia.  Será na Parroquia “Cristo da Victoria” (Coia, Vigo). Desenvolverase ao longo de todo o día, empezando ás 11 h. cunha formación sobre o Mercado Social Galego (MSG) e o seu estado actual; tentarase facer un resumo do I MESC en Barcelona e calibrar cara onde queremos ir co MSG. Seguirase coa comida para finalmente ás 16 h. comezar propiamente coa Asemblea Xeral de REAS Galicia.

cartaz presentacion Miradas Globais webGO 18 de decembro de 2012, ás 20 h., na Librería Aenea (R/ Rei Irmáns Alvite 3, Preto do Parlamento, Santiago de Compostela), formaremos parte da presentación da publicación “Miradas globais para outra economía” (podedes lela en pdf).  Este libro recolle diferentes experiencias e iniciativas sociais e cidadás, presentes no estado español e noutros países, en torno á Economía Solidaria, polo que nesta mesa redonda contarase coa participación de FIARE Galiza, SOM ENERGIA e COGAMI.

AlexandreBoveda19dec-20h– Por último, pero non menos importante, o 19 de decembro de 2012, ás 20 h. no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos, 16-18 1º, A Coruña), fomos invitados á xornada organizada por ADEGA que leva por título “Outro consumo é posible”. Contará coa proxección do documental: “A historia das cousas” e con catro microcharlas: ” O consumo no día a día” (ADEGA), “A banca ética” (Fiare), “Consumo responsable de alimentos” (Zocamiñoca) e “Consumo Téxtil Responsable” (Roupa Limpa Galicia).  Finalizarase cun debate e posta en común.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: