Somos éticos?

Esta crise financeira que azouta o primeiro mundo, provocou que se cambalee un dos principais ingredientes do que denominamos o sistema capitalista, a seguridade no diñeiro. Esta falta de seguridade no diñeiro, incrementa o temor de non ter satisfeitas nin sequera as nosas necesidades básicas, o que segundo a teoría de Maslow “a xerarquía das necesidades humanas”, pode supor un tremendo desasosego para o individuo. Afectando directamente ás necesidades individuais para alcanzar o primeiro nivel, e ás colectivas no segundo nivel desta pirámide.

O máis sinxelo é culpar aos demais, e así mesmo, esperar que outros nos acheguen solución a todos os nosos problemas. Pero hai que facer un pouco de auto-reflexión, e descubrir que porción de responsabilidade temos nesta crise, que non é pouca. O que pense que o diñeiro é vil, equivócase, o diñeiro apareceu na nosa sociedade, da man dos templos, o diñeiro é na súa orixe, algo sacro, provía a capacidade de intercambiar, entre colectivos, o que nun inicio, era intercambio entre particulares.

O desenvolvemento social, o paso da vida nómade, á vida sedentaria, a diversidade de territorios e climas, a especialización da produción, favoreceu a aparición de excedentes de consumo, así pois o colectivo gandeiro, podía alimentarse da carne e os derivados do seu gando, cubrirse coas súas peles, e até certo punto, intercambiar estes derivados da súa actividade cos colectivos agrícolas, ou mesmo os cazadores recolectores. O sistema de troco era altamente ineficiente, posto que un gandeiro que necesitase ferramentas, talvez non atopase un ferreiro con necesidade de peles, carne ou leite, pero en cambio si necesitase trigo para facer pan.

medoA aparición do diñeiro, favoreceu este intercambio entre diversos colectivos. Pero suscitou un problema de seguridade, polo que nos grandes mercados de intercambiou, creáronse as figuras dos bancos, que permitían aos comerciantes, poder dispor de diñeiro nos portos e nos mercados sen necesidade de cargar con eles. Podían dispor de títulos recoñecidos polos banqueiros, onde se recoñecían as cantidades depositadas. A xestión destes depósitos de diñeiro, provocou un novo tipo de excedente, o do diñeiro. Os bancos, entón, empezaron a comerciar con este diñeiro, ofrecendo préstamos aos particulares, cos depósitos doutros particulares, cobrando unha comisión ou interese por iso.

O interese, é o que favoreceu o desenvolvemento de grandes infraestruturas para os gobernantes ou empresas, dado que emitindo débeda, os particulares adiñeirados, financiaban guerras, infraestruturas, etc. Maiores eran os intereses que pedían os prestatarios, maiores eran os intereses que se esixían aos debedores, o que provocou que en moitos estados, se declarasen leis contra a usura. A globalización, as guerras, a explotación infantil, o malabaratamento dos recursos nos países emerxentes, a especulación con produtos, bens e servizos de primeira necesidade. Favoreceu que os bancos entren en negocios de alta rendibilidade, ofrecendo aos seus clientes, moi bos intereses polos seus depósitos.

irPolo que se dá o paradoxo, que nos manifestemos contra as guerras, alarmémonos coa fame no terceiro mundo, critiquemos os gobernos ditatoriais nos países en vías de desenvolvemento, pero en cambio, sexamos á vez, os patrocinadores desta situación. De forma absolutamente activa. Quen non ten unha batería de cociña adquirida nun depósito, un espertador obtido grazas aos puntos das tarxetas de crédito, ou un plan de pensións. Nunca nos preguntamos, nin preguntamos ao noso director de oficina, que fan co noso diñeiro, a pregunta é, canto me vas a dar?

Polo que se non facemos un cambio de chip neste sentido, as entidades bancarias, non se verán coa obrigación de dicirnos, que un 30% é de produtos de primeira necesidade, un 20% con activos inmobiliarios, un 20% con débeda soberana, un 15% en valores tecnolóxicos, e un 15% en divisas. Isto pasado pola tradutora, quere dicir, que estamos a colaborar co noso diñeiro nun 30% coa fame no mundo, cun 35% na especulación coa débeda de países como Irlanda, España, Grecia, Italia ou Portugal, cun 15% en guerras, e cun 20% en fomentar a diferenza entre ricos e pobres nos países emerxentes.

A elección é moi sinxela, o noso excedente económico, é nosa maior contribución ao benestar ou non do mundo, unha xestión ética deste recurso, é esixir ademais dun rendemento para nós, un respecto á humanidade.

Fonte: Banca Ética.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: