Documentos TV – Finanzas éticas

Documentos TV - Finanzas éticas

A economía social e solidaria está a dotarse de sistemas financeiros alternativos acordes cos seus valores. Nos últimos anos, está a producirse un aumento progresivo de persoas que prefiren o beneficio social antes que o monetario e deciden confiar os seus aforros ás entidades que lles din en que e para que usan o seu diñeiro. FIARE-Banca Ética, Coop57 ou Tríodos Bank,son unha opción alternativa á banca convencional para aquelas persoas e organizacións que buscan un uso responsable do seu diñeiro acorde cos seus valores.

Segundo datos do Observatorio das Finanzas Éticas, en 2011 había uns 575 millóns de euros en depósitos e uns 600 millóns en préstamos. Os modelos de intermediación financeira que se ofertan no abanico da denominada banca ética son distintos nas súas orixes e formulacións pero coinciden en aspectos fundamentais: en lugar da economía especulativa promoven a economía real na contorna máis próxima, practican a transparencia, xa que publican todos os investimentos, e orientan as súas operacións cara aos beneficios sociais e ambientais.

Podedes ver o programa completo facendo clic na imaxe ou aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: