Dez boas noticias de 2012 que mellorarán o mundo en 2013

Pau Llop .31/12/2012. www.eldiario.es

Captura de pantalla da visualización interactiva de RTVE-Labs sobre os proxectos cofinanciados en Verkami

Estes últimos días do ano, como sempre, a prensa vén cargada de resumos dos doce meses que se van e de predicións para os doce que entran. Lendo ambas, a máis dun éntranlle ganas de encerrarse a hibernar á espera de que algún meteorito faga táboa rasa neste mundo á deriva entre crises económicas, ecolóxicas, militares, políticas e sociais.

O medo xérase nas entrañas dun sistema en clara decadencia para que non pensemos no que está por vir como algo esperanzador, non vaia a ser que nos poñamos ao choio para acelerar a súa chegada. En Colaboratorio cremos que hai non soamente sinais, senón clarísimos fitos de progreso e esperanza, que xa neste 2012 que hoxe acaba eran unha realidade, e que no 2013 que empezará a soar tras a decimosegunda badalada contribuirán, sen ningunha dúbida, a facer moito mellor o noso mundo.

É a nosa elección hibernar no frío do desasosego ou compartir a nosa calor cos demais para fortalecer no chan esta lista de dez realidades que seleccionamos:

O open source chega a Marte

Mentres algunhas administracións públicas seguen empeñadas en pagar custosas licenzas de uso polo seu software, o código de fontes abertas xa chegou até Marte e resultou fundamental para que a NASA alcanzase os seus obxectivos de recompilación de datos no planeta vermello a través do seu robot Curiosity, que aterrou alí o pasado 6 de agosto. Como lemos en Opensource.com, a axencia espacial norteamericana tirou’ de diferentes ferramentas open source para procesar a inxente cantidade de datos recompilada polo famoso robot, como Ngnix, Railo ou GlusterFS. Sen dúbida o percorrido do software (e do hardware!) open source non termina en 2012, nin moitísimo menos. En 2013 están por chegar maiores proezas.

Cidades que pensan

Que cidades europeas están a traballar máis duro para ofrecer aos seus cidadáns un mellor ecosistema urbano? Un pode imaxinar facilmente as primeiras posicións: Copenhage (1ª), Estocolmo (2ª), Berlín (6ª)… A boa noticia é que neste ‘top ten’ que elabora anualmente FastCompany entra a española (polo menos de momento) Barcelona. A consultora IDC xa realizou os duos últimos anos medicións similares centradas no noso país e a capital catalá sempre puntuou a primeira. Os motivos, fundamentalmente, a súa aposta pola apertura de datos (máis de 500 data sets, puntuando 2ª neste apartado sobre o top ten) e a aposta das súas autoridades polo City Protocol, centrado en crear unha ‘linguaxe’ común entre os provedores de tecnoloxía, as cidades e as súas stakeholders (entre os cales os cidadáns son fundamentais, claro). O desenvolvemento de novas ideas para os ecosistemas urbanos e a súa extensión a cada vez máis cidades é sen dúbida algo que seguirá en aumento este 2013.

Os datos libéranse das súas ataduras

Se non ouviches falar do open data este ano é que quizá estiveches vendo demasiado a tele. Foi un dos ‘temas’, por non outorgarlle o singular, directamente. No noso país vimos como diferentes administracións públicas, como a vasca co seu proxecto Irekia, lanzáronse a desenvolver aplicacións para favorecer a apertura dos datos públicos. Creáronse multitude de cursos, estudios varios e até algún master para formar profesionais na xestión de datos abertos, e non son poucos os xornalistas que se están reciclando por esta vía. Tamén xuridron fundacións ciudadás, como Civio, que ten no seu corazón a cruzada por abrir, liberar e facer accesible a calquera calquer tipo de dato público. En Chile saíu, por fin, Poderopedia. En EE.UU. lévannos moita vantaxe e quizá nos sirva ver cales foron os proxectos máis impactantes neste campo alí para saber por onde irán os tiros aquí en 2013: as mellores aperturas de datos de 2012 en EE.UU. e as mellores visualizacións en mapas de 2012, según The Atlantic.

A educación ábrese e globalízase

Mentres ese sistema do que falabamos ao principio empéñase en que para ‘saír’ da crise non hai nada mellor que recortar en educación (restrinxindo así a súa calidade e o acceso á mesma), o mundo e os individuos que o habitan están empeñados no contrario. 2012 foi o ano do boom da educación aberta e do fenómeno Mooc e viu nacer multitude de plataformas neste sentido, como Courseera, Udacity ou Unimooc, que agrupa a varias universidades españolas. O máis impactante é que en moitos casos os cursos ofrecidos nestas plataformas, a pesar de ser ofertados por universidades da talla de Stanford, o MIT ou Harvard, son gratuítos e universalmente accesibles co único requisito previo de ter unha conexión a internet. Non son poucos os que se preguntan se este fenómeno vai cambiar para sempre  os que se preguntan se este fenómeno vai cambiar para sempre as ríxidas estruturas e metodoloxías do ensino superior. A miña aposta é que neste 2013 veremos o principio da resposta a esta pregunta cun “si”.

O diñeiro hackease polo ben común

Se algo bo nos trouxo a crise é a caída da venda respecto de totems culturais sobre os que, a verdade, poucas preguntas nos fixemos até agora. É o caso do diñeiro e a súa representación monetaria, un tema do que xa falamos en Colaboratorio co post ‘Como crear unha moeda social‘. Como explica Michael Bauwens desde a P2P Foundation, o diñeiro é débeda, a súa creación e distribución está baixo control privado, o interese do diñeiro é un subsidio perpetuo á banca e, en calquera caso, quedou comprobado que o sistema monetario é terriblemente inestable, e que cando descarrila sofren máis precisamente os que menos diñeiro teñen. 2012 viu nacer multitude de proxectos de moeda social, moitos deles evolucionados desde os bancos de tempo, e hoxe hai miles de persoas traballando en tecnoloxías que faciliten novas formas de moeda que non teñan ningún dos vicios anteriores. En 2013 veremos aínda tímidos avances neste campo, que ten aínda un longo (pero moi prometedor) percorrido.

O consumo colaborativo explota

Podemos dicir sen medo a esaxerar que 2012 foi o ano en que o consumo colaborativo floreceu definitivamente. Nun artigo de hai poucos días en El Mundo, Benita Matofska, fundadora de ‘ The People Who Share‘, comentaba que a economía compartida move no mundo hoxe, a finais de 2012, o equivalente a 490.000 millóns de dólares. Ao longo do ano publicáronse varios artigos (Wall Street Journal, NextTrends, Crowdsourcing, etc.) que valoran a finais de 2012 o aluguer de obxectos P2P en 2.000 millóns de dólares, o diñeiro movido por crowdfunding en 2012 algo por baixo dos 3.000 millóns e os préstamos entre persoas alcanzará os 5.000 millóns en 2013. Para entender mellor as magnitudes que está a alcanzar e seguirá conquistando en 2013 o consumo colaborativo é absolutamente imprescindible ler estes posts ( 1 y 2) de Albert Cañigueral en Consumocolaborativo.com, web que farás ben en incluír no teu lector de feeds ou favoritos para estar ao tanto de todo o relacionado con este apaixonante sector, transversal a todo o que estamos a falar hoxe aquí.

O coworking xa é un estándar

Foi sen dúbida outra das estrelas de 2012. O compartir espazos de traballo para reducir custos e, sobre todo, para fomentar a innovación e a creación lateral entre diferentes equipos, crece espectacularmente en todo o mundo e con enorme forza en España, onde conta xa con 150 espazos, sendo o país con máis coworkings por cápita, segundo a 3ª Enquisa Global de Coworking de DeskMag. En números puros só nos superan Alemaña e, como non, EE.UU. Se te animas a abandonar o pixama ou estás farto de pagar prezos abusivos por un despacho ou pequena oficina, e ademais estás disposto a ver como aumenta a innovación e a creatividade dos teus proxectos ao polos en contacto con outros emprendedores, CoworkingSpain é un excelente sitio para atopar o teu espazo preto de onde vives. En 2013 veremos como, ademais de aumentar estes espazos, especialízanse cada vez máis por nichos de emprendemento. E non tardará o día en que deles xurdan grandes proxectos e compañías.

O crowdfunding arrasa exponencialmente

En palabras de Kevin Lawton, autor do libro ‘ The Crowdfunding Revolution‘ e redactor de VentureBeat: “O cambio sobre o 1% dos investimentos a longo prazo cara ás pequenas empresas a través do crowdfunding, só en EE.UU. significaría unha industria de 3 billóns de dólares, 10 veces todo o capital privado investido en 2011”. Máis aló desas enormes magnitudes previstas e que lemos no blog de Megafounder (si, tivemos en conta a diferenza entre billóns hispanos e anglosaxóns), o crowdfunding nas súas múltiples formas converteuse en 2012 nun estándar de financiamento. En España, os datos das principais plataformas de crowdfunding son máis que esperanzadores. Por exemplo, Goteo.org logrou financiar con éxito 88 proxectos, recadando 430.000 euros de máis de 8.000 usuarios activos financiando, cunha doazón media de 40 euros; Verkami acaba de celebrar 2 anos de vida con máis de 700 proxectos cofinanciados cunha sorprendente tasa de éxito do 70% e RTVELabs fixo esta visualización respecto diso; e o novo dono de Lánzanos asegura nunha entrevista contar con máis de 100.000 usuarios e 1 millón de euros recadados desde o seu lanzamento. En 2013 observaremos como estas cifras quedan ridículamente pequenas, tamén como xorden novos e interesantes actores como o citado Megafounder ou como outros xa moi asentados noutros mercados, como Kickstarter, aterran quizá en España. Tamén como xorden novos modelos de crowdfunding, os cambios verémolos sobre todo nos tipos de recompensas ofrecidas ao cofinanciador.

Os obxectos viven máis

Fronte á obsolescencia cada vez máis rápida (programada ou non) dos produtos que nos ofrece o mercado global de masas, a crise (unha vez máis) e o cambio de mentalidade que aluma esta nova era está a facer que cada vez máis persoas decidan non tirar alegremente aquilo que xa non lles é útil, ou aprenden novas formas de compartir estes útiles, nalgúns casos xerando unha riqueza imposible de achar nos vertedoiros. Un bo exemplo este 2012 foi Nolotiro.org, unha das plataformas máis populares para regalar e conseguir cousas que outros pensaban tirar ao lixo. Salvan entre 6.000 e 10.000 obxectos ao mes. Pola súa parte, Segundamanita ten máis de 5.000 usuarios, publicáronse máis de 4.000 anuncios e mandáronse máis 26.000 mensaxes entre usuarios. Co mesmo concepto acaba de saír Ropadona. Por outro lado, a plataforma para compartir coche BlaBlaCar superou en 2012 e só en España os 2 millóns de usuarios e os 600.000 viaxes programados e Caarpoling evitou desta misma forma a emisión de máis de 30.000 toneladas de CO2. Airbnb dispón na súa base española de 22.000 casas ou habitacións listas para compartir con calquera viaxeiro e alcanzou en 2012 o millón de noites reservadas no noso país, un crecemento do 900% respecto de 2011. En 2013 veremos crecer significativamente a masa crítica de usuarios para todas estas plataformas.

O xornalismo muta e sobrevivirá

Quizá este é o campo onde máis difícil é ser optimista, a tenor das cifras: desde mediados de 2008 até outubro de 2012 perdéronse 6.393 empregos xornalísticos en España, e prevense outros 2.990 nas próximas datas, segundo o Informe Anual de la Profesión Periodística da APM. No entanto en 2012 vimos nacer novos proxectos xornalísticos que, iso si, afástanse bastante do concepto de medio tradicional que ten os seus días contados: La Marea, Reset, Materia, ZoomNews, Vía52, Números Rojos, Mongolia, o propio Eldiario.es; ou os que están por vir, como InfoLibre ou Alternativas Económicas. Asistimos a unha evidente mutación da profesión xornalística, absolutamente esencial para a democracia aínda que xa non sexa a través da industria tradicional. Estas prediccións do Nieman Journalism Lab, elaboradas por 35 expertos de todo o mundo, arróxannos algo de luz e esperanza sobre o que podemos esperar desta profesión de cara ao ano que agora comeza: o fin do papel diario, o transmedia e a multiplataforma, a ‘comunitización’ das audiencias, tamén o crowdfunding e os micropagos, o ‘xornalista-autor-independente’, a atomización dos nichos e a colaboración previa para poder despois competir mellor son algunhas das claves coas que lidaremos os xornalistas este 2013 para afianzar novos modelos que si, nos permitirán sobrevivir ao afundimento da industria clásica e ofrecer por fin un xornalismo de servizo público.

Estas son só dez propostas de boas noticias que o ano 2012 viu nacer ou evolucionar significativamente e que esperamos que 2013 vexa crecer e empezar a cambiar radicalmente a mellor o noso mundo. Non están ordenadas baixo ningún criterio de importancia ou similar. Seguro que a tí ocórrenseche polo menos outras tantas. Compártiralas con toda a comunidade de Colaboratorio nos comentarios?

Feliz e esperanzador 2013.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: