19 de xaneiro de 2013: Asemblea Fiare Galiza

Santiago de Compostela, a 4 de xaneiro de 2012.

Benquerida socia, benquerido socio:

O vindeiro sábado día 19 de xaneiro, celebraremos a nosa Asemblea Xeral ordinaria na Casa Común d’Os Tilos, no Concello de Teo, xa a terceira, despois de tres anos intensos de traballo. Como ben sabedes estamos nun momento moi importante para o noso proxecto de construción dunha banca ética en mans da cidadanía, pois tralo traballo que vimos facendo en rede e militante, a pronta integración coa Banca Popolare Ética (BpE) vainos fortalecer de seguro e vainos permitir acadar un dos nosos obxectivos iniciais, “ser unha opción elixíbel para todas e todos”, mellorando a nosa operativa bancaria.

fiareGzEsta III Asemblea Xeral de Fiare Gz está enmarcada nun momento de mudanzas, tanto internas como externas ás que non somos impermeábeis. Dentro deste contexto que supón o proceso de integración coa BpE imos dar o primeiro paso para a organización territorial en Galiza e por iso tamén recibides xunto con esta, a convocatoria (130104 Convocatoria GIT) para celebrar as primeiras asembleas constituíntes dos GITs (Grupos de Implantación Territorial), que como veredes na orde do día, están nitidamente separadas, a saber: primeiro celebraremos a Asemblea de FiareGz (pola mañá) e de seguido, teremos as Asembleas constituíntes dos GITs (pola tarde).

Para levar a bo porto este proxecto de construción dunha Banca Ética asentada nuns valores determinados e onde os verdadeiros axentes activos, que a lexitiman e lle dan identidade, son as persoas físicas e os colectivos que hai detrás, fainos estar novamente ilusionados e ilusionadas, ante os desafíos que se nos presentan, mais é por iso que unha vez máis, vos animemos á participación nesta asemblea da mesma forma activa e xenerosa da que nestes tres últimos anos fixeron agromar este novo horizonte.

Horario da Asemblea:

10:00 h.- Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Fiare Galiza, recollida de credenciais e Primeira Convocatoria.
10:30 h.- Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Fiare Galiza, Segunda Convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA.

1.- Aprobación, se procede da Xestión da Xunta Directiva. Presentación do Informe de Xestión (que inclúe o informe de Actividades e o informe de socias). Rogos e preguntas.
2.- Aprobación, se procede, da Memoria Económica 2012. Rogos e preguntas.

11:30 h.- Descanso
11:45 h.- Continuación da Asemblea.

3.- Elección da Xunta Directiva de Fiare Galiza. Calquera socia ou socio poderá presentar a súa candidatura para ser membro da Xunta Directiva da Asociación con 48 horas de antelación ao inicio da mesma, por e-mail ao enderezo persoassocias@fiaregz.com.
4.- 2a Forma Xurídica (proposta de convocatoria dun encontro posterior á asemblea no primeiro semestre de 2012).
5.- Información do proceso xeral de integración Banca Popolare Etica (BpE) – Fiare.
6.- Proposta e elección de:

Persoa representante para o Consello de Administración da Área Fiare en BpE. Temos tres opcións: non presentar a ninguén; propoñer a un representante de Fiare GZ e apoiar a Peru Sasia como candidato como aparece recollido na Junta Directiva Estatal de Fiare.
Persoa representante para o Comité de Ética da Área Fiare.

7.- Creación e aprobación de circunscricións (GIT).

14:00 h.- Fin da Asemblea Xeral Ordinaria. Xantar compartido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: