Economía ao servizo da persoa!

fiareGzComo todas e todos sabedes esta asemblea que teremos o próximo sábado 19 de xaneiro de 2013 é moi importante porque vai ser o primeiro paso formal da nosa organización interna en forma de cooperativa. Nela vaise a elixir o grupo ou grupos que representarán á/ás circunscrición/s das terras de Galiza. O Grupo de Implantación Territorial ou grupo local (GIT) de Fiare-BPE será o órgano territorial que representará ás persoas socias da nosa circunscrición unha vez que formemos parte de Banca Popolare Etica.

A composición dos órganos de goberno da futura Cooperativa, inclúe a FIARE como a V Área da Cooperativa, concretamente denomínase Área Fiare, xunto coas 4 Áreas xa establecidas en Italia. Dentro da Área Fiare, haberá unha organización operativa e sociocultural en 3 Zonas (Norte, Mediterráneo e Centro). O/os GIT(s) de Galiza pertencerán á Zona Norte, que comporemos xunto ás Circunscricións de Navarra – A Rioxa e Euskadi.

Cada GIT será elixido polas persoas socias de Fiare do territorio (circunscrición) de Galiza. Calquera persoa socia pode presentarse como candidata para formar parte do equipo coordinador de cada un dos GITs creados.

Como consideramos importante falar destes temas e de moitos outros, queremos CONVOCARVOS desde o Grupo Local de Fiare Galiza en Compostela a unha REUNIÓN o LUNS 14 de XANEIRO de 2013 ás 20:30 h no local de Panxea (R/ Rosa 36 baixo, Santiago de Compostela) e desde o Grupo Local de Fiare Galiza na Coruña a unha REUNIÓN o MARTES 15 de XANEIRO de 2013 ás 19:30 h na Rúa Rafael Alberti 15.

 

Asemblea AIS O Peto: 12 de xaneiro de 2013.

20130112-Cartaz-AsembleaOPeto-muralAproveitamos para lembrarvos que o pasado sábado 12 de xaneiro de 2013 tivo lugar a Asemblea de AIS O Peto.  As persoas asistentes tamén puideron coñecer, dialogar, compartir experiencias e posibilidades… con varios dos seus proxectos cofinanciados.  Foi un encontro moi interesante e con moitas ideas e novas iniciativas para os vindeiros meses.

asembleaOPeto2013-II

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Assembleia de integração da banca ética galega em Fiare-BPE […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: