O banco malo: A estafa CONTINÚA…

Autor: Joaquín García.

“Toda a riqueza do país nas súas distintas formas e sexa cal fose a súa titularidade está subordinada ao interese xeral”, Art. 128.1 da Constitución española.

Cando un mira a realidade social que nos toca vivir e le o artigo 128.1 da Constitución o primeiro que pensa é que está inacabado. Para ser plenamente constitucional o quefacer dos gobernos de distinto signo destes últimos anos habería que facer un engadido a ese artigo: “… e o interese xeral está subordinado ao dos grandes consorcios empresariais e financeiros”. Só así se pode entender o modo de actuar dos nosos políticos, do noso sistema legal e das nosas institucións públicas.

banco-maloA consigna é salvar primeiro ás entidades “sistémicas” (grandes empresas, aseguradoras e bancos entre outros) para non pór en risco o sistema, é dicir, salvar primeiro ao capitán no caso de que perige o barco. Soa ruín e covarde, pero a estas alturas ninguén se atreve a relacionar o sistema en que vivimos con algo xusto, xeneroso e nobre; a crise puxo de manifesto as súas prioridades e a súa natureza máis profunda.

As operacións de cosmética levadas a cabo nos anos de bonanza deixan paso ao real cando chegan tempos recios. En que quedou aquel “hai que refundar o capitalismo” do ex-presidente francés a comezos da crise? Máis que transformar o capitalismo, as elites políticas, seguiron outra folla de ruta: “Se non podes refundar o capitalismo, únete a el”.

Durante as mobilizacións do 15-M un dos lemas máis coreados entre a cidadanía era: “Esta crise non a pagamos!”. Pois ben, o goberno empéñase en que si o fagamos. E non lle abonda con que paguemos a parte que nos corresponde ás familias, que en boa medida é unha débeda inxusta, queren que, ademais, contribuamos a pagar a débeda do que orixinou esta crise, o sistema financeiro.

Rescatar aos bancos ou rescatar á cidadanía? Rescatar ao desempregado que viu como lle expropian a casa e lle endosan unha débeda para sempre, ou rescatar aos bancos que xeraron unha situación económica que lle custou o posto de traballo a millóns de persoas e que, ademais, aplican a lei hipotecaria con man de ferro? Pois todo apunta a que se gobernar en tempos de crises é “repartir dor” a maioría de clase política deste país queda coa versión estendida da Constitución que suxerimos no primeiro parágrafo.

“Hai que apertarse o cinto”, “hai que facer máis con menos”… pero a favor de quen?, cales son as prioridades? Pois ben, mentres os desafiuzados conseguiron un mínimo xesto de beneficencia do goberno para os casos máis extremos, a parte máis castigada do sector bancario xa ten a súa folla de ruta e case 40.000 millóns de € avalados con diñeiro público para reducir os seus activos tóxicos a través do chamado “banco malo”.

Nesta reflexión ímonos a deter nalgúns aspectos deste instrumento pola súa actualidade e porque pon de manifesto unha dinámica de fondo ante a que non podemos quedar pasivos.

Seguir lendo o artigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: