O apoio dos Concellos na construción da Banca Ética

Fiare-ConcellosFiare.  Xaneiro 2013.

Nos últimos vinte anos boa parte dos Concellos de ámbito estatal adquiriron un rol importante na xestión da res publica xunto ás entidades do terceiro sector e a economía social e solidaria. Este traballo de mellora da calidade democrática permitiu desenvolver prácticas de traballo común moi interesantes coa cidadanía organizada.

Desde os inicios de Fiare, algúns Concellos comprometéronse con este proxecto de banca ética abrindo depósitos importantes como mostra de que o diñeiro recadado da cidadanía en forma de impostos, depositábase nun proxecto de finanzas éticas como Fiare. Houbo un traballo real e unha resposta por parte das administracións locais á campaña Municipios pola banca ética. Pero cos anos e a entrada na crise económica algúns deles empezaron a retirar estes depósitos.

Con todo empezouse un proceso que chegou até día de hoxe. As administracións públicas locais fanse socias de Fiare como mostra do compromiso en construír unha banca ética desde a cidadanía organizada que impulsa unha intermediación financeira baseada nuns valores como a responsabilidade, a solidariedade e o respecto pola contorna.

Neste contexto chegamos a finais do 2012 co apoio de 14 municipios que ao adherírse como socios mostraron o seu compromiso en construír unhas finanzas éticas cooperativas. Estes municipios pertencen sobre todo a cinco Comunidades Autónomas. En Euskadi os Concellos de Donostia, Errentería e Ordizia; en Galiza o de Manzaneda; en Catalunya os Concellos do Prat de Llobregat, Sabadell e Cambrils; en Madrid o de RivasVaciamadrid; en Navarra os Concellos de Burlada, Ansoain, Berriozar, Villaba e Huartepa e finalmente en Valencia o Concello d’Albuixech.

A construción de alternativas sociais e solidarias no marco das finanzas é unha pinga de esperanza neste momento histórico onde todas as persoas e organizacións teñen algo que achegar neste proceso de cambio. Por este motivo desexamos que o 2013 sexa un bo ano para que os municipios e as administracións de segundo nivel poidan sumarse en construír unha banca ética, cooperativa e cidadá.

Nota: Na cuarta semana de xaneiro demos a benvida ao concello de Hernani, que tamén se fixo socio de FIARE. En marzo achegáronse os concello de Azpeitia, Oñati, e Usurbil.  A finais do mes de maio de 2013, os concellos de Figaró-Montmany (Barcelona) e de Vilanova i la Geltrú (Barcelona)confirman o seus apoio ás finanzas éticas uníndose como persoa socia a Fiare-BpE. Outros foron incorporándose ao longo do segundo semestre de 2013 e podemos aledarnos de que nos primeiros meses deste ano 2014 xa son dous máis os concellos que se achegan a Fiare: o de Bergara,o de Esporles e o de Santa María del Camí. En outubro de 2014, un novo concello suma o seu convenio de colaboración, é o de Urretxu. Comezamos o ano 2015 coa incorporación do concello de Alto Urola e seguiu coa incorporación do concello de Sant Feliu a finais do mes de abril. En setembro de 2015 damos a benvida ao concello de Pamplona.

En resumo: Xa son 32 concellos (Sabadell, El Prat, Vilanova i la Geltrú, Cambrils, Manzaneda, Hernaniko, Errenteriako, Ordiziako, Donostiako, Oñatiko, Usurbilgo, Azpeitiko, Zigoitia, Azkoitiko, Santa Lucía-Gran Canaria, Ansoain, Villava, Burlada, Berriozar, Erreniega I.P., Huarte PA, Lizaso, Orkoien, Albuixech, Figaró-Montmany, Bergara, Esporles, Santa María del Camí, Urretxu, Alto Urola, Sant Feliu, Pamplona) a 25 de setembro de 2015, as administracións públicas locais que se comprometen con Fiare Banca Etica.

FiareBancaEtica

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: