Fiare en Vigo e Allariz

O xoves da semana pasada, 24 de xaneiro de 2013,  tivo lugar a primerira reunión do grupo local de Vigo tras a Asemblea de Fiare Galiza do 19 de xaneiro de 2013.  Contou cunhas 18 persoas con moitas forzas, ganas de traballar, ideas… para seguir a construír o proxecto Fiare-BpE.  Nas vindeiras semanas tamén se reunirán os grupos locais de Coruña, Compostela…

SAMSUNGO venres, 25 de xaneiro de 2013, foi a data sinalada para celebrar un encontro en Allariz.  Esta charla puido ser posible grazas a iniciativa da libraría Aira das Letras e máis a Asociación de Comerciantes de Allariz, coa colaboración da Fundación Vicente Risco, en cuxo local se desenvolveu a actividade. Acudiron unhas 25 persoas.  Contou con bastante participación das persoas asistentes. Cambiamos un pouco o formato habitual e facilitamos o diálogo como grupo local de Ourense a través dunha especie de coloquio colectivo, cunha introdución por parte dun compañeiro do grupo e unha reflexión final tamén doutra membro do grupo local na que se animou ás persoas asistentes a participar no proxecto Fiare. Tras a exposición inicial da filosofía, funcionamento e situación actual de Fiare, varias persoas realizaron preguntas e houbo así un interesante espazo para o debate. Desde a organización do evento mostráronse moi abertos a futuras actividades na vila de Allariz, onde se considera importante difundir as posibilidades que ofrecen as finanzas éticas tamén para o pequeno comercio local da zona.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: