A Banca Ética camiña con bo paso para facerse este ano realidade no estado español

JPG - 130.7 KB

“Hoxe é un día importante para as Finanzas Éticas. Tamén para os proxectos sociais, ecolóxicos, de cooperativas, de solidariedade…” afirmou Marisa Acedo, do Fondo de Solidariedade. Pola súa banda, Beatriz Oliver, representante da Banca Ética en Andalucía Oriental dixo emocionada: “Estamos a facer historia. Este é un banco da cidadanía, asentado no territorio e construído entre todos en e desde o territorio”.

Paso a paso a Banca Ética FIARE vai pondo os cimentos para empezar a ser unha realidade en España e así avanzar na estrutura asociativa e participativa. O sábado 26 de xaneiro de 2013 convocouse aos socios de FIARE da circunscrición de Andalucía Oriental. Nas 19 circunscripcións do estado español seguiuse ou seguirase o mesmo proceso. Esta semana constituíronse os Grupos de Implantación Territorial (GITs) ou grupos locais de Andalucía Oriental e Occidental, Estremadura, Illes Balears, Islas Canarias e Gipuzkoa. A pasada semana, socios e socias de Fiare reorganizaron a súa estrutura asociativa para traballar máis desde o local e afondando no sistema de debate e toma de decisións constituíndo os GITs de Gasteiz, Bilbao casco antiguo, Bilbao Abando, Galiza Norte e Sur e Catalunya central. Con estes e outros pasos posteriores, a partires do verán de 2013 a banca ética Fiare-BpE empezará a prestar servizos financeiros no noso país.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: