Esta semana está chea de actividades en toda Galiza!

fiareGzEsta semana tivemos a sorte de ter parte nas reunións de catro dos grupos locais: o luns 4 de febreiro, na de Ourense e na de Compostela e o martes 5 de febreiro, na de Coruña e na de Lugo.

Ademais, tras a creación da circuncripción de socios “Galiza Sur” e o seu correspondente Grupo de Implantación Territorial (GIT), que engloba a todos os socios e socias das provincias de Ourense e Pontevedra (o GIT “Galiza Norte” xuntarase o sábado 23 de febreiro de 2013 e contará coa participación das persoas socias das provincias de Coruña e Lugo) hoxe, xoves 7 de febreiro de 2013, celebra a súa primeira xuntanza ordinaria. Dito encontro terá lugar en Vigo nos locais da Fundación Proclade, sitos na rúa Honduras 7 baixo, ás 19:30 horas.  Falaremos, entre outros puntos, do traballo e da dinámica do GIT, as tarefas da súa xunta directiva,  os obxectivos para este ano, o lugar dos grupos locais existentes, da II Asemblea Estatal de persoas socias que terá lugar o 16 de marzo en Rivas Vaciamadrid…  Agardamos que vos animedes a participar e aportar as vosas ideas neste novo camiño que iniciamos!

Ademais o sábado 9 de febreiro de 2013 pola mañá teremos reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza ás 10:30 horas no local de Panxea (R/ Rosa 36 baixo, Santiago de Compostela).  Tamén pola mañá, pero ás 10:15 no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Compostela (R/ de Fátima 1), será a Asemblea de Coop57 Galiza.  E o mesmo sábado pola tarde, teremos a oportunidade de partihorizontalcipar grazas ao convite da Universidade Cromática, no II Voces da Periferia “Encontros do novo pensamento político e crítica económica”. Nesta ocasión farase unha achega á problemática política e económica do mundo circundante poñendo o acento nas limitacións do sistema capitalista e da democracia e, sobre todo, reflexionando entorno ás novas propostas que xorden na periferia do pensamento hexemónico. Os encontros desenvolveranse da man de conferenciantes, mediante debates e co visionado de proxeccións na Capela do Pilar de Corcubión.  A continuación tes o programa destas xornadas.  Anímate a participar!

Programa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: