Nace a cooperativa de crédito Fiare-BpE

Ten previsto iniciar a súa actividade financeira en España durante 2013 e xa agrupa a 3.609 socios cun volume de 3.898.861 euros en capital social.

Fiare-serDurante estes primeiros días do ano 2013 están a formalizarse en toda España as estruturas de participación dos socios/as da cooperativa de Banca Etica Fiare-BpE (Banca Popolare Etica). Este proceso está a desenvolverse no marco de asembleas territoriais onde  as persoas e organizacións socias están a agruparse en 19 circunscricións en todo o estado e están a escoller aos seus representantes.

Cun desexo de aglutinar a todos os territorios e sensibilidades sociais, os grupos locais están compostos formalmente  por once membros, con procedencias xeográfica diversas e cun compromiso social e plural, abarcando campos tales como a educación, a cooperación ao desenvolvemento, a loita contra a exclusión social, a ecoloxía e medioambiente, o cooperativismo, o mundo sindical, etc.

Fiare-BpE é un banco en mans das socias-cooperativistas, que elixen en cada circunscrición un Git-Grupo Local (Grupo de Iniciativa Territorial), con cargos voluntarios e gratuítos cunha duración de tres anos, dedicados a impulsar o proxecto  no territorio e ser os representantes deste no marco dos proxectos da economía social e solidaria.

Fiare-BpE ten previsto ampliar a súa actividade financeira en España durante o ano 2013, a través de 3 grandes zonas que por agora corresponden coas oficinas de Bilbao, Barcelona e Madrid. Este proceso tamén permitirá a incorporación das persoas socias de Fiare á base social de Banca Popolare Etica (actualmente unha cooperativa de crédito constituída nos anos 90 en Italia e que conta con máis de 38.000 persoas socias.)

A partir deste proceso de consolidación das estruturas de goberno da cooperativa no estado español, consolidarase unha ferramenta financeira de banca ética capaz de ofrecer os servizos bancarios habituais (contas correntes, tarxetas ou banca por internet), cun modelo de articulación de alternativas económicas a escala europea, construídas pola cidadanía e desde o territorio.

A V Área de Banca Popolare Etica (BpE), Fiare en España, celebrará a súa Asemblea estatal de persoas socias en Rivas-Vaciamadrid o próximo 16 de marzo de 2013. Esta asemblea suporá a lombeirada definitiva á construción desta realidade de banca ética, cidadá e cooperativa europea, coa participación de máis de 40.000 persoas e organizacións socias, tanto de Fiare como de Banca Popolare Etica e capaz de canalizar mil millóns de euros de aforro cara ao apoio, mediante o crédito, de proxectos de alto valor social.

Pasa á ACCIÓN – “Un banco en mans da cidadanía”:

Para asociarte, ponte en contacto coa asociación territorial da túa zona

Máis información: www.proyectofiare.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: