Banca Ética: unha resposta nas mans da cidadanía

No programa “En primera persona” de RNE, o sábado 16 de febreiro de 2013 tivemos a oportunidade de achegarnos nesta ocasión á Banca Ética.

fiare04“Esta semana e a seguinte imos dedicar o programa a coñecer que é, como funciona e quen ofrece servizos que cumpran cos criterios dunha banca ética e solidaria que sexa transparente para o cidadán. Unha banca que convida as persoas a coñecer, póndolle cara mesmo, os proxectos sociais que se van a poder financiar grazas aos seus aforros. Porque son miles as iniciativas e novos postos de traballo que se crean e consolidan en todo o país a partir da banca ética que ve proxectos e valores e non só rendibilidade a calquera prezo.

Na banca ética, as persoas tamén poden decidir en asembleas de socios que proxectos resultan máis interesantes e axústanse máis aos seus valores. Nós coñecemos proxectos sociais concretos que crearon emprego e funcionan grazas a este tipo de financiamento. Coop57, por exemplo, é unha cooperativa de aforro que, á súa vez, parte de multitude de iniciativas e movementos sociais a nivel local. O embrión do que aos poucos vai tomando forma nunha estrutura bancaria máis ou menos extensa.

Entre este e o próximo programa entraremos de cheo nas entrañas de Coop57, de Fiare e Triodos Bank, tres alternativas, cada unha cos seus matices e diferenzas que queren dar resposta á pregunta que moitos cidadáns se fan: Onde e en que se inviste o meu diñeiro?

A falta de respostas, a opacidade da información, o sentimento de engano xeneralizado, xunto coa actual situación de quebra e rescates bancarios, está a facer rexurdir o interese por outro tipo de banca que non deixe dúbidas en canto a transparencia e que responda a valores éticos e sociais. Uns valores que nunca debemos de perder. As bisavoas gardaban o diñeiro baixo o colchón e dábanlle moito valor ao diñeiro que tanto custaba gañar. Chegaron os bancos e eles ‘fixéronse’ co valor do diñeiro. Agora hai un rexurdir cidadán para recuperar eses valores e aplicalos tamén nos nosos aforros porque xa hai anos que existen iniciativas neste sentido pero non eran de dominio público.

O programa emítese os sábados de 6h a 7h da mañá pero tamén se pode escoitar no podcast a calquera hora. E convidámosvos a que nos sigades en facebook e en twitter onde protagonistas e oíntes poden intercambiar impresións e facer os comentarios que queiran.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: