Percorrido de Fiare Galiza nas últimas dúas semanas

Estas dúas últimas semanas estiveron cheas de actividades e de encontros que lle dan novos pulos ao proxecto Fiare-BpE por estas terras:

– O sábado 9 de febreiro de 2013 pola mañá puidemos participar na primeira reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza tras a III Asemblea (19 de xaneiro de 2013), a Asemblea de Coop57 e xa pola tarde asistimos gustosos ás xornadas organizadas pola Universidade Cromática, tituladasII Voces da Periferia “Encontros do novo pensamento político e crítica económica”. durante as que as persoas participantes fixeron achegas e afondaron mediante un frutífero diálogo na problemática política e económica do mundo circundante poñendo o acento nas limitacións do sistema capitalista e da democracia e, sobre todo, reflexionando entorno ás novas propostas que xorden na periferia do pensamento hexemónico na Capela do Pilar de Corcubión.

– O domingo 17 de febreiro de 2013 fomos invitados pola Coiga (Cooperativa Integral Galega) a participar nunha mesa redonda ás 11:30 horas no centro cultural Val de Flores da parroquia de Baldráns (Concello de Tui) xunto con Coop57.  Puidemos contar coa presenza de máis dunha ducia de veciñas e veciños desta parroquia que se mostraron moi interesadas/os en todo o alí exposto.

– Onte, luns 18 de febreiro de 2013, ás 19:30 horas, xuntáronse as persoas socias da zona da Coruña na súa reunión bisemanal do grupo local de Coruña.

cartel charla EUTS– Hoxe, martes 19 de febreiro de 2013, terá lugar ás 18:15 horas na aula 2 da Escola Universitaria de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela unha mesa redonda sobre finanzas éticas á que están convidadas persoas de Fiare Galiza, AIS O Peto e Coop57 Galicia que falarán das últimas novidades nestes tres proxectos e seguirán afondando nos retos asumidos dos vindeiros meses.

Coñecerparacambiar– Mañá, mércores 20 de febreiro de 2013, comeza o ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” organizado por Amarante-Setem, Verdegaia e a Asociación Veciñal A Xuntanza coa proxección do documental “Co teu diñeiro”.

– O xoves 21 de febreiro ás 19:30 horas participaremos xunto con AIS O Peto, Coop57 Galicia e Triodos Bank invitados pola ONGD “Jóvenes y Desarrollo”. Celebrarase no Auditorio da Hospedería en San Martín do Pinario esta mesa redonda sobre o “Artellamento do Finanzamento Ético en Galicia”. O seu obxectivo fundamental é finanzasJovenesDesarrollofacer visible outros modelos de xestión bancaria e outra forma de facer economía que son posibles e axudan a achegar condicións de vida digna a miles de persoas. Estes movementos apostan e constrúen unha economía solidaria en coherencia cos valores de democracia, xustiza social e respecto medioambiental. Na mesa redonda coñeceremos tamén os proxectos que as organizacións participantes levan a cabo en Galicia e que axudan a mellorar a vida das persoas e as sociedades. A chamada “Economía Real” principio fundamenta da Banca Ética xunto co de transparencia.

– En breve verémonos en Celanova.

20130119-AsembleaFiareGaliza-1b– O sábado 23 de febreiro de 2013 ás 10:30 horas no local de Verdegaia (R/ Pombal, nº 18, Baixo de Santiago de Compostela) teremos a oportunidade de traballar pola mañá na Segunda Forma Xurídica de Fiare-BpE. Como xa sabes, o proxecto Fiare está nun momento de profunda transformación estrutural no que se procederá a súa integración na cooperativa de crédito da Banca Popolare Etica (BpE). A dinámica cooperativa implica incorporarnos á estrutura de participación da BpE, baseada sobre o principio dunha persoa un voto e que se artella sobre a rede de Grupos de Implantación Territorial (GITs), contando Galiza con dous: GIT Galiza Norte e GIT Galiza Sur. Fiare será a quinta área da cooperativa e estará asentada nos grupos locais de socias e socios que imos consolidando en todo o Estado. Este proceso de cambio intenso déixanos enriba da mesa algún debate que teremos que ir pechando. Un deles é a posible posta en marcha dunha Segunda Forma Xurídica asociada á estrutura bancaria e que agrupe á rede de colectivos que construíron o proxecto Fiare. A idea é manter unha estrutura na que os colectivos que veñen traballando estes anos no proxecto Fiare, poidan seguir a facer ese labor de sensibilización, denuncia, apoio da actividade parabancaria… Todo este camiño está por andar, e é por este motivo polo que desde a asociación Fiare Galiza convócase a todas as persoas socias do proxecto, especialmente aos colectivos e organizacións que serán quen lle dea forma a esta posible Segunda Forma Xurídica, a esta xornada monográfica. Os puntos principais desta xornada serán: coñecer e resolver dúbidas á proposta xurdida desde Fiare Euskadi aproveitando a estrutura da propia Fundación Fiare, coñecer o estado do debate noutras territoriais do Estado, intercambiar as opinións e ideas dos colectivos da Asociación Fiare Galiza.

20130119-AsembleaFiareGaliza-4– O mesmo sábado 23 de febreiro pola tarde ás 16:00 h no local social de Verdegaia (Rúa do Pombal, 18 – baixo) en Santiago de Compostela será a primeira reunión do Grupo de Implantación Territorial (GIT) Galiza Norte (no que conflúen persoas socias de Fiare Galiza das provincias de Coruña e Lugo) tras a súa constitución o 19 de xaneiro de 2013. Aquí podedes ver un resumo da orde do día:

1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.

2.- Traballo do GIT: definición do GIT (elección de cargos, domicilio social, funcións, obxectivos 2013, dinámica de traballo, tempos e lugares de xuntanzas, puntos de información, outros…), definición das vogalías/comisións (funcións, obxectivos 2013…), o papel dos grupos locais, información da Xunta Estatal, II Asemblea Estatal de persoas socias(16 de marzo de 2013)…

3.- Varios

4.- Convocatoria da vindeira xuntanza.

5.- Lectura e aprobación da acta desta reunión.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: