Fiare prepárase para operar como banco convencional coa ética como base do seu proxecto

Nafarroa, 19 de febreiro de 2013.

IMG_1508Banca Ética Fiare, que traballa por canalizar o aforro cara ao apoio, mediante o crédito, de proxectos con base social, prepárase para operar como un banco convencional no que as persoas socias conten con servizos de conta corrente, tarxetas de crédito e banca online.

O proxecto Banca Ética Fiare, que en Hego Euskal Herria suma ao redor de 1.400 persoas socias, prepara a súa implantación como banco convencional no que ofrecer servizos como contas correntes, tarxetas e banca por internet. Así o sinalaron onte Jesús Blanco e Ana Palacios, dous dos seus responsables en Nafarroa, onde en 2012 Fiare outorgou cinco créditos para financiar proxectos de base social.

O proxecto comezou a súa andaina en Nafarroa en 2005 e hoxe opera como unha cooperativa, onde cunha cota de entrada mínima de 300 euros, traballa por canalizar o aforro cara ao apoio, mediante o crédito, de proxectos de valor social.

A nivel estatal xestiona uns depósitos de máis de 30 millóns de euros e fixo préstamos de máis de 26 millóns, mentres que en Nafarroa, a 31 de xaneiro de 2013 recollera 556.412 euros de capital e contaba con 372 persoas físicas socias, ademais de 29 entidades e cinco concellos.

Sobre a filosofía de Fiare, Blanco subliñou que non se trata dun grupo de amigos», senón dun banco con licenza bancaria propia, rexistrado no Banco de España e no de Italia, e cuxa base difire da banca habitual en que se crea para que a ética e non o tema económico sexa o centro».

Función social verdadeira

En referencia a unha pregunta sobre a situación de Caja Navarra, Blanco sostivo que a aparición de Fiare non fose necesaria se este proxecto con base social xa existise. Neste sentido, destacou que, até agora, os socios de Fiare eran persoas comprometidas co principio do proxecto, aínda que agora tamén hai «xente queimada» cos bancos.

Tamén puxo en valor outro dos aspectos do proxecto, e é que, a diferenza da banca convencional, o investimento dedícase ao desenvolvemento. «Fiare dá créditos á produción, á economía real» -afirmou- e non á «especulación financeira», como na súa opinión fan o resto dos bancos.

Así, segundo explicou Ana Palacios, á hora de conceder créditos valórase tanto a viabilidade financeira do proxecto como a súa viabilidade ética, de forma que «se un proxecto é viable financeira pero non eticamente, non se lle dá o crédito», explicou.

De cara ao futuro máis próximo, Banca Ética Fiare traballa na súa implantación como banco convencional no que as persoas socias poidan operar con contas correntes e tarxetas de crédito.

Fonte: Gara
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: