Construíndo Fiare!

Esta semana que hoxe remata (luns e mércores) estivo chea de reunións de traballos dos distintos grupos locais de Fiare Galiza: o de Ourense, o de Compostela, o de Vigo…  Nestas puidemos tratar a evolución do proxecto desde a última xuntanza, as charlas e encontros aos que asistir e orgnizar, preparación da II Asemblea estatal de persoas socias que terá lugar o sábado 16 de marzo de 2013 en Rivas Vaciamadrid…  Como vedes entre todas e todas seguimos a construír este proxecto tan ilusionante!

Ademais, como non pode ser doutro xeito, o ritmo non decrece coa chegada da fin de semana polo que mañá, sábado 9 de marzo de 2013, ás 19:30 horas en Ribeira falaremos de Fiare-BpE xuntos cos compañeiros/as de Coop57 nun encontro organizado por Indignados/as-Barbanza.  Podes achegarte para poder estar totalmente informado!

Cartelmesaredonda-ESA próxima semana comezamos coa reunión o luns, 11 de marzo de 2013, ás 19:30 horas do grupo local da Coruña (podes ver máis información no calendario de actividades).  O martes 12 de marzo de 2013 temos dúas citas:

  • ás 19:30 horas no centro sociocultural “O Ensanche” (Frai Rosendo Salvado 14-16, Santiago de Compostela) fomos invitados por Acción Católica e Mans Unidas a unha mesa redonda titulada “Ante a crise: Economía Solidaria” aberta na que se falará das cooperativas de economía solidaria, de banca ética e de comercio xusto.  Asistirán persoas socias de Fiare Galiza, de Panxea…
  • ás 20:30 horas é a hora acordada para ter o encontro do grupo local de Lugo.

O sábado 16 de marzo de 2013 xa é a II Asemblea estatal de persoas socias como comentabamos no primeiro parágrafo e para a seguinte semana o mércores 20 de marzo de 2013 teremos dous puntos de encontro:

  • ás 18:00 horas xuntaránse as persoas socias de Fiare Galiza da zona de Ferrolterra (aquí tes máis información).
  • ás 19:30 horas será a Xuntanza do Grupo de Implantación Territorial (GIT) Fiare Galiza Sur.

Como podedes ver isto cada día medra máis! Participa e forma parte deste gran proxecto nas mans da cidadanía!

Deixar un comentario