A II Asemblea de persoas socias de Fiare-BpE xa é o sábado!

En menos dunha semana (o sábado 16 de marzo de 2013) terá lugar a II Asemblea estatal de persoas socias de Fiare-BpE no salón de actos do concello de Rivas Vaciamadrid (Madrid).  Se precisas saber como chegar podes consultalo nos seguintes documentos: CHEGAR-RIVAS-VACIAMADRID-FIARE, Chegar-Rivas-CentroIniciativasEmpresariais-FIARE, Chegar-Rivas-CasaAsoc-FIARE

Lembra que se non podes achegarte a esta II Asemblea, é posible a delegación de voto (un máximo de 3 por persoa).  Se non podes asistir, infórmate en:  persoassocias@fiaregz.com.

Podemos confirmarvos que o venres 15 pola tarde no taller de GITs participarán membros de GITs italianos e que na propia asemblea haberá un stand de BpE para as persoas que queiran abrir unha libreta de aforro.

A continuación engadimos o programa actualizado:

SABADO 16 DE MARZO

(Socios/as e acompañantes)

11:30h-12:00h Inscricións ao encontro

12:00h-12:10h Presentación

12:10h-13:00h Conferencia Inaugural

Ugo Biggeri- presidente de Banca Popolare Etica (BpE)

Peru Sasia- presidente de Fiare

13:00h-14:30h Avances do Plan de Integración en relación á operativa bancaria

Nazareno Gabrielli- Encargado da integración en BpE da Área Fiare

Juan Garibi- director de Fiare

14:30h-16:00h RECESO-XANTAR

16:00h- 16:30h A gobernanza da Área Fiare, avances realizados

Clara Soler – responsable da área sociocultural de Fiare

16:30-17:00h Presentación e elección de candidatos/as para o Comité de Ética

Peru Sasiapresidente de Fiare

Membro da Xunta Estatal

17:00h-17:30h Presentación e validación do/a candidato/a como representante pare a Área Fiare

Marcos de Castro- presidente de Fiare Zona Centro

17:30h-18:00h Novas perspectivas do Comité de Ética ante a integración

Cristina de la Cruz- coordinadora do Comité de Ética de Fiare

Membro do Comité de Ética de Fiare

18:00h- 18:30h Proposta de Referentes de Zona

18:30-19h Concerto de Luis Guitarra

Candidaturas ao Comité de Ética

No marco da II Asemblea estatal de persoas socias de Fiare-BpE poderás elexir aos 9 novos membros do Comité de Ética. Para ver as candidaturas fai clic na seguinte imaxe:

comite-etica-fiare

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: