O Concello de Azpeitia aproba integrarse como membro da banca ética

O Consistorio aposta por Fiare “por ser un proxecto participativo impulsado polos movementos sociais”

O Concello de Azpeitia aprobou na última sesión plenaria a incorporación do ente local como membro de Fiare, un proxecto de banca ética, cidadá e cooperativa cuxo principal obxectivo é “canalizar o aforro de persoas e organizacións ao servizo de proxectos da economía social e solidaria, é dicir, de proxectos que traballen por unha realidade máis xusta”.

O alcalde, Eneko Etxeberria, sinalou que o Goberno Municipal comparte os obxectivos de Fiare “porque apostamos por un uso ético do diñeiro e o control sobre os nosos aforros, e polo compromiso para a aposta en proxectos sociais e solidarios e non en proxectos que esnaquicen o medioambiente ou aposten pola especulación”.

Segundo o alcalde, o Consistorio aposta por Fiare “por ser un proxecto participativo impulsado por movementos sociais e polas súas características” e anima á cidadanía a apostar “pola banca ética, a transparencia e a participación nas entidades financeiras”.

Fonte: Economía Solidaria.

Nota: En marzo de 2013 xa son case 20 os concellos que apostan por Fiare!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: