II ASEMBLEA ESTATAL DE FIARE – Unha banca en mans da cidadanía.

20130119-AsembleaFiareGaliza-4Por segundo ano consecutivo, a organización de banca ética, cooperativa e cidadá FIARE reunirá en Madrid mañá sábado 16 de marzo, a máis de 300 socios e socias para coñecer polo miúdo o proceso de integración xunto á súa homóloga Banca Popolare Etica.

Unha vez máis, este encontro amosará o compromiso da cidadanía en construír alternativas financeiras que estean ao servizo das persoas e as súas necesidades.

FIARE é un organización de banca ética con 3.886 persoas socias e máis de 4 millóns de euros en capital social. A día de hoxe financiou proxectos en todo o estado por valor de 31 millóns de euros, e o aforro de persoas e organizacións ascende ata os 33 millóns de euros.

Os seus principais ámbitos de financiamento son proxectos vinculados á transformación no campo dos valores e a educación, a inserción social e laboral das persoas, a agroecoloxía e o comercio xusto e a cooperación norte-sur.

A participación da súa base social é un dos elementos fundamentais no proceso de creación e desenvolvemento de FIARE.

fiare04Os temas centrais desta Asemblea son o plan de viabilidade da futura cooperativa de crédito, a consolidación da estrutura de goberno, a ratificación das candidaturas para o Consello de Administración, e a elección do novo Comité de Ética.

Na web de FIARE pódese consultar o programa: www.proyectofiare.com e outras informacións.

ALGUNHAS CLAVES DO PROXECTO FIARE COMO BANCA ÉTICA

– Financiamento de proxectos con criterios éticos

– Aforro responsable e ético

– Sostibilidade económica, transparencia e sen ánimo de lucro

– Participación cidadá e traballo en rede

Máis información en: dossier_Fiare e en persoassocias@fiaregz.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: