II ASEMBLEA ESTATAL DE FIARE, unha banca en mans da cidadanía.

Vídeo deste importante II Encontro de persoas socias de Fiare:

DSCN0404A pasada fin de semana, Fiare-Banca Popolare Etica (Fiare-BpE) organizou a súa II Asemblea estatal en Rivas Vaciamadrid, Madrid. Máis de 350 persoas participaron nun evento moi importante para a construción desta alternativa financeira baseada nos valores da transparencia, o traballo en rede e o financiamento de

proxectos de economía social e solidaria e no terceiro sector.

IIAsemblea-XIIO encontro empezou o venres (15 de marzo de 2013) pola tarde cunha delegación de representantes dos diferentes territorios tanto a nivel estatal (persoas coordinadoras e/ou vicecoordinadoras das 19 circunscricións de Fiare-BpE: Galiza Norte, Galiza Sur, Bilbao Centro, Bilbao Casco Viejo, Guipuzkoa, Áraba, Navarra, Madrid, Canarias, Murcia, Castilla-León, Andalucía Oriental, Andalucía Occidental, Extremadura, Barcelona, Catalunya Central, El Vallés, Baleares e Valencia) como italiano.  Traballáronse temas estratéxicos como a diversidade de necesidades de financiamento, a comunicación do proxecto e a consolidación da nova estrutura cooperativa.

IIAsemblea-V-FiareO sábado (16 de marzo de 2013) foi o “día grande” coa participación de 330 socios e socias presencialmente, unha vintena de persoas e organizacións convidadas e a delegación doutras 372 persoas socias. Un dos temas clave foi a presentación e discusión do plan de viabilidade de cara á integración da área estatal Fiare na cooperativa de crédito BpE, proceso iniciado hai un ano e que prevDSCN0385é a súa finalización antes de que remate o 2013 ou a principios do ano 2014, momento en que a primeira cooperativa de banca ética europea poderá operar plenamente no estado español. Neste sentido, informouse ás persoas asistentes sobre os novos produtos e servizos bancarios que se prevé ofertar desde a área Fiare (V área de BpE).

IIAsemblea-II-FiareProcedeuse tamén na asemblea á validación da elección dalgúns membros (entre eles Alfonso -primeira persoa situada á esquerda da fotografía que tedes á vosa esquerda-, persoa socia de Fiare Galiza) do Comité de Ética estatal e daDSCN0416 renovación dos que levan traballando neste tema durante os últimos tres anos. A socia Cristina de la Cruz -foto da dereita- foi reelexida por votación como coordinadora do Comité. O comité así establecido permitiu engadir máis pluralidade de saberes e experiencia e diversidade territorial.  Tamén houbo espazo para a ratificación de Peru Sasia, con máis do 95% dos votos a favor, na súa candidatura ao Consello de Administración da cooperativa en representación da área Fiare.

DSCN0419Antes de que rematara a Asemblea tivemos a ocasión de coñecer a boa parte das persoas coordinadoras e/ou vicecoordinadoras dos 19 Grupos de Iniciativa Territorial (GITs) relacionadas coas 19 circunscricións que conforman Fiare-BpE.  O día anterior estiveron traballando nos temas clave para o desenvolvemento do proxecto nas diferentes zonas e tamén tiveron tempo para a elección das tres persoas representantes das tres Zonas nas que nos organizamos en Fiare-BpE: Norte, Mediterráneo e Centro-Sur e que foron presentadas na Asemblea.

DSCN0404Reflexionouse durante toda a xornada sobre a importancia da participación das persoas socias neste momento de cambio e de ilusión cara ao futuro como cooperativa de crédito. No territorio galego, os GITs Fiare Galiza Sur e Fiare Galiza Norte (coa colaboración da asociación Fiare Galiza) e os seus respectivos grupos locais (Vigo, Pontevedra, Ourense, Coruña, Compostela, Lugo, Ferrol) son os referentes de difusión nestes momentos para o proxecto Fiare nestas terras.

Fiare-serFIARE é unha organización de banca ética con 3.886 persoas socias e máis de 4 millóns de euros en capital social a nivel estatal. Na actualidade ten financiados proxectos por valor de 31 millóns de euros, e o aforro de persoas e organizacións ascende até os 33 millóns de euros. Os seus principais ámbitos de financiamento son proxectos vinculados á transformación no campo dos valores e a educación, a inserción social e laboral das persoas, a agroecoloxía e o comercio xusto e a cooperación norte-sur.

Máis info na web www.proyectofiare.com, no blog www.fiaregz.com e na web de Banca Popolare Etica www.bancaetica.it

ALGUNHAS CLAVES DO PROXECTO FIARE COMO BANCA ÉTICA

  • Financiamento de proxectos con criterios éticos

  • Aforro responsable e ético

  • Sustentabilidade económica, transparencia e sen ánimo de lucro

  • Participación cidadá e traballo en rede

Artigos relacionados:

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: