Cara á quinta área!

Continúa o proceso de integración entre as bases sociais de Banca Ética (España), un proxecto de participación económica do que xa falamos neste blog .

O 16 de marzo celebrouse en Rivas Vaciamadrid, a Segunda Asemblea de Fiare. O evento foi unha oportunidade para “facer un balance” do proxecto de finanzas éticas e para “encontrarse” coa xente que traballa duro cada día para promover un novo modelo de desenvolvemento, en Italia e en España.

Giuditta Peliti, membro do Grupo de Iniciativa Territorial (GIT) de Banca Etica (BpE) de Lazio, cóntanos como foi.

Cando nos atopamos todo ten sentido, a idea vai tomando forma e materialízase o proxecto. Isto deuse os pasados 15 e 16 de marzo en Madrid, cando nos reunimos cos membros de FIARE que formarán a quinta área de BpE.

Durante moito tempo esperabamos este momento. Xa se deron encontros e intercambios entre as persoas socias de España e as italianas. Pero cando estás a participar directamente neste percorrido, todo é diferente.

O viernes, 15 de marzo en Madrid encontrámonos os membros dos  GIT de BpE italianos e españois, para compartir o que facemos e intercambiar ideas e boas prácticas. O sábado, 16 de marzo tivo lugar a Xunta Xeral de persoas socias de Fiare, co informe e a elección do Comité de Ética e a ilustración dos pasos a seguir para chegar á forma xurídica e organizativa de BpE en España. Comentamos o que somos, compartimos experiencias, esperanzas e temores.

Emblemático, na miña opinión, xa que todo isto sucede nun momento no que a “política económica europea” está claramente en problemas e confundida. Mentres que o casino financeiro crea desastres, a recesión, o desmantelamento das políticas de benestar…, nós abordamos os problemas da economía real e a solidariedade e queremos apoiar a construción dun futuro consecuente e democrático.

Estou convencida de que o fortalecemento deste tipo de relacións pode renovar a construción dunha “política económica europea diferente”, que se centrará nas persoas e non nos dividendos, o que producirá benestar e non déficit, que favorecerá aos débiles facendo posible un futuro para todos.

Optamos por unha modelo difícil e complexo, pero elixímolo conscientemente e depende de nós seguilo sen perder a ninguén no camiño… A quinta área é unha etapa fermosa!

PD.: Contamos con varios “intercambios”. Por agora, os cataláns prometéronnos cursos de italiano, catalán, eúscaro e galego… con boas “tapas”, cervexas e viño! Na próxima reunión imos mesturar o italiano co español, tal vez irmandamento con FIARE Canarias ou Illas Baleares… Encántame a comunidade que crea a BpE.

Para saber máis sobre as súas redes http://www.proyectofiare.com/web/es / FIARE / red-social-territorial

Fonte: Blog Banca Popolare Ética.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: