Fiare en Galiza nas últimas semanas de marzo

Estas últimas semanas do mes de marzo estiveron cheas de actividade en Fiare-BpE.  Ademais das reunións de varios dos grupos locais como xa comentabamos noutro momento, tivo lugar o 16 de marzo de 2013 a II Asemblea de persoas socias de Fiare-BpE grazas á que foron posibles varias gravacións de programas que en breve poderedes ver. Pero isto non foi todo, xa que puidemos participar nos seguintes encontros:

  • finanzas eticas couso-modCharla-coloquio celebrada o 22 de marzo, xunto a Coop57, nos locais veciñais da parroquia de Couso (Gondomar) por invitación da Comunidade de Montes de Man Común. Por parte do grupo local de Vigo estabamos Cachi Villaba e Manuel Adame e por parte de Coop57, Ramón Carmelo. Asistiron unhas quince persoas, incluídas algunhas socias do proxecto Fiare en Galiza. Comezamos coa proxección dun vídeo de media hora de duración sobre Finanzas éticas elaborado por Miguel, un dos integrantes do grupo local de Vigo, a partires do material do programa de Documentos TV sobre Finanzas éticas e do documental “Con tu dinero”.  A continuación desenvolveuse un coloquio coas persoas asistentes, que serviu para aclarar as dúbidas que nos foron presentando. Utilizamos tamén unha presentación para clarificar algún aspecto en concreto das preguntas efectuadas. Agardamos que a Comunidade de Montes de Couso sexa a primeira en facerse socia do proxecto en Galiza.
  • Tivemos tres sesións académicas en senllos centros educativos. Participamos nunha clase de bacharelato do IES Alexandre Bóveda de Vigo o pasado luns 18 de Marzo. Asemade estivo tamén presente na semana da Ciencia do Colexio Amor de Dios de Vigo, con alumnado de bacharelato o pasado mércores 21 de Marzo.  Tampouco esquecemos a participación, o martes 19 de marzo, nunha clase do ciclo superior de Comercio Internacional vinculado ao Instituto de Pontepedriña de Santiago de Compostela.
  • O 26 de marzo fomos invitados a presentar o proxecto Fiare-BpE no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) con sede en Santiago de Compostela.

Non esquezades que abril tamén ben cargadiño de novos encontros, reunións dos grupos locais, charlas, coloquios, mesas redondas, videofórums…  Podedes estar informados se visitades o noso calendario de actividades.  Cando o fagades, podedes ver que hoxe teremos reunións dos grupos locais de Compostela e de Ourense e unha palestra sobre banca ética organizada pola AAVV de Oza – A Gaiteira – Os Castros no Forum Metropolitano.

Anímate a participar!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: