Os GITs e o Comité de Ética en Fiare

O Comité de Ética de Fiare-BpE ten como obxectivo asesorar aos órganos de goberno de FIARE e ás súas estruturas en cuestións de carácter ético. Tamén lle corresponde velar pola coherencia e integridade dos seus alicerces no conxunto da estratexia de desenvolvemento do proxecto.

A nivel territorial, as Comisións de Avaliación ético-social son as encargadas de facer os informes de idoneidade ético-social das solicitudes de financiamento. A día de hoxe, existen nove comisións de avaliación ético-social en diferentes territorios onde se desenvolve o proxecto FIARE. Estas comisións están formadas por persoas que coñecen o tecido asociativo do mesmo e as circunstancias nas que se concretan eses retos éticos aos que Fiare quere responder o crédito.

Neste documento podes coñecer os criterios cos que as análises de idoneidade ético-social son realizadas. (Descargar)

IIAsemblea-II-Fiare

Na II Asemblea de persoas socias de Fiare que tivo lugar o 16 de marzo de 2013 procedemos á elección do novo Comité de Ética.  A continuación presentámosvos ás persoas que o compoñen e que podedes ver na fotografía:

  • Alfonso Mascuñana, persoa socia de Fiare Galiza.
  • Javier Martín, persoa socia de Fiare Castilla y León.
  • Txema Amigot, persoa socia de Fiare Navarra.
  • Isabel Allende, persoa socia de Fiare Zona Centro.
  • Cristina de la Cruz (Responsable da Coordinación), persoa socia e membro da Fundación Fiare.
  • Carlos Ballesteros, persoa socia de Fiare Zona Centro.
  • Josep Maria Gasch, persoa socia de Fiare Catalunya.
  • Esteban Tabares, persoa socia de Fiare Sur.
  • Javier Vitoria, persoa socia e membro da Fundación Fiare.

coordinGIT

20130119-AsembleaFiareGaliza-4Nesta II Asemblea quedou de manifesto a importancia vital que teñen os GITs (Grupos de Iniciativa Territorial) no momento actual que estamos a vivir en Fiare-BpE.

Aquí tedes unha foto das persoas (coordinadoras e/ou vicecoordinadoras) que representan aos 19 GITs de Fiare-BpE.  Á esquerda podedes ver a xente coñecida: Gonzalo (vicecoordinador do GIT Fiare Galiza Norte), Cachi (coordinadora do GIT Fiare Galiza Sur) e Paula (coordinadora do GIT Fiare Galiza Norte).

Co traballo de todas e todos nós estamos facendo posible Fiare-BpE! Anímate e participa!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: