Súmase un novo concello: Convenio entre o concello de Agüimes e Fiare

Todos os grupos políticos con representación na corporación municipal de Agüimes deron o visto e prace, no pleno ordinario do mes de marzo de 2013 celebrado o pasado luns 25, á proposta de convenio coa Asociación Fiare-Canarias seguindo principios éticos e solidarios.

O Concello de Agüimes asinará un convenio coa Asociación Fiare-Canarias para pór en marcha na nosa comunidade autónoma un proxecto de “banca ética” baseada en principios solidarios.

Todos os grupos políticos con representación na corporación municipal de Agüimes deron o visto e prace, no pleno ordinario do mes de marzo celebrado o pasado luns 25, á proposta de convenio coa Asociación Fiare-Canarias seguindo principios éticos e solidarios.

Coa firma deste convenio preténdese apoiar a implantación en Canarias do proxecto “banca ética fiare” promovendo o seu uso, difusión e consolidación. A achega económica que leva a firma deste convenio destinarase a sufragar os gastos de funcionamento e extensión deste proxecto social.

A Asociación Fiare-Canarias quere propiciar unha alternativa ás entidades financeiras tradicionais, apoiando o proxecto de creación de Fiare como “Banca Ética” que propicie instrumentos de aforro e investimento xestionados de modo profesional e rexidos por criterios de transparencia e un alto nivel de esixencia ética.

A Asociación Fiare-Canarias quere rescatar o valor social do diñeiro e a actividade económica, póndoos ao servizo dun mundo máis xusto, humano e sustentable; creando, desta maneira, un instrumento financeiro en mans e ao servizo da cidadanía, no que a transparencia e a participación son os seus acenos de identidade.

Fonte: Revista Tara.

Nota: Na cuarta semana de xaneiro demos a benvida ao concello de Hernani, que tamén se fixo socio de FIARE. En marzo achegáronse os concello de Azpeitia, Oñati e AgüimesXa son 21, a 4 de abril de 2013, as administracións públicas locais que se comprometen coa Banca Ética Fiare-BpE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: