ESTREA EN GALIZA DO DOCUMENTAL “CON TU DINERO”

Até que punto a sociedade é consciente do xeito en que se emprega o seu diñeiro?

As organizacións Fiare Galiza e AMARANTE Setem en colaboración con Adicae, COOP 57AIS O Peto organizan a presentación e proxección do documental “Con tu Dinero” que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.

A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se despraza a Galiza exclusivamente para estar presente nas sesións) nas cidades de Vigo e Pontevedra.  Asemade con posterioridade esta actividade desenvolverase noutras moitas cidades e vilas do país.

Contudinero-Galiza-difusion

Neste documental no que non se pretende sentar cátedra, tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.

O documental está producido por MOBIOLAK. Dura cerca de 70 minutos e despois da súa proxección nas diversas cidades haberá unha charla-coloquio con Iker Espúñez, responsábeis da ONGD Amarante-Setem, membros de Fiare Banca Ética e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.

DATA/LUGAR DA PROXECCIÓN

A entrada será libre até completar aforo.

Proxección do documental.

PARA MÁIS INFORMACIÓN OU SOLICITAR UNHA ENTREVISTA CO DIRECTOR DO DOCUMENTAL PODEDES CONTACTAR CON fiaregz@proyectofiare.com.  Se precisas este arquivo en pdf podes descargalo aquí: CON-TU-DINERO_difusion

SINOPSE

Este documental pretende reflexar as prácticas financeiras alternativas á banca convencional que podemos atopar na actualidade no estado español.

A crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as. Até qué punto a sociedade é consciente da forma en que se emprega o seu diñeiro?

Con este documental pretendemos facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias: inversións en empresas de armamento, en multinacionais con amplos historiais de incumprimento de dereitos laborais e humanos dos/as traballadores/as, en empresas enerxéticas que realizan obras ecoloxicamente inadmisíbeis en países do sur cuxa poboación está desprotexida por ausencia de lexislación ou gobernos corruptos, desfiuzamentos, etc.

Miles de personas prexudicadas no mundo polas accións de empresas avaladas, financiadas e habitualmente impulsadas por entidades bancarias que, mentres no seu ámbito local presumen de transparencia e empregan o marketing como un constante lavado de imaxe, utilizan o diñeiro dos seus clientes para xerar máis diñeiro sen preocuparse polas consecuencias que conleva.

Ante esta situación presentamos alternativas: a banca ética e as redes de economía solidaria. Dentro da banca ética este documental focaliza grande parte do seu discurso en FIARE, cooperativa de aforro e crédito de creación relativamente recente que, ano tras ano, realiza unha actividade exemplar neste ámbito, e que en Galiza conta xa cunha forte implantación e co apoio de moitas persoas e entidades socias.

PROTAGONISTAS:

En “Con tu dinero” quíxose dar voz a persoas e organizacións involucradas nunha banca ética, social e limpa, como por exemplo:

  • FIARE. Peru Sasia, director e un dos fundadores do proxecto Fiare, un banco ético de implantación en todo o estado. Do mesmo xeito, organizacións que obtiveran crédito nalgún dos campos aos que Fiare presta o seu apoio.
  • SETEM. Alberto Cereijo, director da ONGD SETEM Hego Haizea, e unha das persoas responsábeis da campaña Finanzas éticas desta organización.
  • Oikocredit. É unha das principais institucións financerias privadas de inversión para o desenvolvemento no mundo, sobre todo en países do sur.
  • Representantes de redes de economía solidaria.
  • Arcadi Oliveres. Profesor universitario. Poderiamos dicir, unha “personalidade” na materia que tratamos, con grande facilidade de palabra e grandes dotes comunicativas.
  • Jordi Calvo. Centro Delás de Estudios pola Paz de Justicia i Pau. Participante das campañas “BBVA sen armas” e “Santander sen armas”.
  • COOP57. É unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.
  • Jesús Carrión. ODG-Observatorio da débeda na globalización. É un centro de investigación das relacións Norte-Sur e da xeración de débedas contraídas entre comunidades durante o actual proceso de globalización.
  • Juan Hernández Zubizarreta. Profesor da UPV-EHU.

Completan o documental: Centre Delás (Justicia i Pau) / Plataforma contra el BBVA / Ivanei Dalla Costa – MAB / Javier Ortega – Cooperativa Grupo La Veloz / Ugo Biggeri – Banca Popolare Etica / Iñigo Hernani – La montañuela Rosa / Miró – Coop57 / Ramon Pascual – Coop57 / Jorge Berezo – Oikocredit Euskadi / Carlos Ballesteros – Fiare / Cristina de la Cruz – Fiare / Carlos Askunze – Reas / Andrés Esteban – Financiación Solidaria (Zaragoza) / Fernando Sabín – Mercado social de Madrid / Santiago Membibre – Peñascal Kooperatiba / Carlos Taibo – Universidad Autónoma de Madrid.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: