Novo fondo de Microfides para apoiar microcréditos en países do sur.

Desde mediados do 2012, Microfides  abriron un fondo para apoiar a concesión de microcréditos a mulleres en zonas rurais de Senegal. Este fondo tivo moito éxito e recolleu o conxunto do aforro previsto antes de finalizar o ano. Boa parte dos proxectos van vinculados a financiar ampliacións de negocios en marcha e fomentar a organización de redes de segundo grao para a intercooperación.

“>Click to open image!En Microfides traballan para xerar desenvolvemento social e económico en países empobrecidos e promocionar as finanzas éticas aquí. Calquera persoa, empresa, asociación ou persoa xurídica, pode investir o seu diñeiro en Fiare a favor de Microfides, e esta destina ese diñeiro a microcréditos. Desta maneira os aforros tamén poden xerar desenvolvemento en países do sur e á vez, a persoa aforradora recuperar o seu diñeiro.

O mes pasado [marzo 2013] abriuse un novo fondo para financiar pequenos proxectos empresariais de mulleres campesiñas de Ecuador. A contraparte neste país é a Cooperativa de Ahorro y Crédito Jardín Azuayo unha entidade sen ánimo de lucro, que traballa na rexión do Azuay para promocionar a Inclusión social e financeira. Ofrece microcréditos para que as mulleres emprendan pequenos negocios que lles permiten ser máis autónomas. Desta forma os microcréditos e a capacitación empoderan a estas mulleres campesiñas. Jardín Azuayo é unha entidade solvente e xera beneficios cada ano que non reparten senón que o destinan á mesma actividade.

Consulta a propia web de Microfides e/ou contacta con algunha oficina ou punto de información de Fiare para saber máis.

 Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: