Abril 2013: Fiare Galiza chega a máis lugares da nosa terra!

O mes de abril que acaba de rematar veu cargado de actividades coas que Fiare Galiza segue a percorrer as distintas vilas galegas e coas que pouco a pouco se vai afianzando na nosa terra.  Isto último queda ben de manifesto co encontro do GIT Fiare Galiza Sur (o 25 de abril de 2013, nesta ocasión en Ourense) e coas numerosas reunións dos diferentes grupos locais que se seguen a estender por todo o territorio: en Ourense, o 1 de abril; en Vigo, o 11; o 15, en Coruña e Santiago de Compostela e o 23 en Lugo.  Como podedes ver hai moitas posibilidades de participar desde o voso lugar de residencia, aínda que no caso que non poida ser, anímate a informarte como podes facer!

Fiare-XD-abril2013-IIOutra cita ineludible, como vén sendo habitual cada mes e medio ou dous meses, o 13 de abril, tivo lugar no local de Panxea (socia de Fiare Galiza): a reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza.  A este encontro podemos asistir todas as persoas socias que así o desexemos e ademais deste xeito podemos coñecer máis de preto cal está sendo a evolución do proxecto, como todo se está a coordinar…  A próxima será o 29 de xuño, lembra reservar a data!

Este cuarto mes do ano 2013 deu para moito máis! Houbo unha chea de encontros, charlas-coloquio…:ForumMetropolitano1abril2013

  • O 1 de abril participamos na palestra que sobre banca ética organizou a AAVV de Oza-A Gaiteira-Os Castros no Forum Metropolitano (A Coruña).  Xa vedes que tamén é posible coñecernos desde a túa asociación de veciños.  Contacta connosco e proponnos datas!
  • charlaslaracha-5abril2013O 5 de abril fomos convidados a formar parte da mesa sobre “Consumo responsable e banca ética” xunto con Zocamiñoca (socia de Fiare Galiza) na Charla do Mes organizada por A Casa da Leiteira, colectivo cultural da Laracha en Arteixo.  Foi moi enriquecedora a experiencia.
  • Os días 16, 17 e 18 de abril puidemos disfrutar das proxeccións do documental “Con tu dinero” en Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e PontevedraContudinero-Pontevedra-IIContamos coa presenza do seu director Íker Espúñez e formamos parte das charlas-coloquio sobre finanzas éticas nas que participamos xunto con Amarante-Setem, Adicae, Coop 57 Galiza e AIS O Peto.
  • O 20 de abril fomos convidados pola Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze a participar na charla-coloquio “Outra banca é posible: FIARE”.  Tivo lugar na Tabertenda de Salceda de Caselas.  Houbo unha gran participación.  Comezamos cunha brFiare-20abril2013-IIIeve introdución sobre finanzas éticas e posteriormente proxectamos un vídeo elaborado con material de diferentes documentais, o que nos permitiu entrar máis de cheo no que é e supón o proxecto Fiare.  Unha vez máis, podemos comentar que Fiare cada vez está a chegar a máis xente que non dubida en preguntar nas charlas todo o que considere do seu interese para poder coñecernos mellor.
  • O 25 de abril tivemos ocasión de levar a cabo en Mos a proxección dun vídeo sobre finanzas éticas  na Xornada de Cooperativismo “Unha resposta a crise, unha alternativa de emprego”.
  • BouEva-27abrillalin-abril2013O 27 de abril seguimos promovendo a construción de alternativas cunha charla sobre banca ética xunto con Coop 57 Galiza e AIS O Peto en Lalín organizada polo grupo de consumo Tarabela.  Tamén o mesmo día, asistimos á charla-coloquio “Outra banca é posible: FIARE” organizada pola Asociación Cultural Bou Eva deVigo.  En ambos os dous encontros fixemos unha pequena introdución do que son as finanzas éticas e presentamos as diferentes iniciativas presentes na nosa terra, o que permitiu ao final fora posible un frutífero diálogo.

Nas vindeiras semanas estamos convencidos de que o ritmo non decaerá.  A continuación tedes unha listaxe de varias das vindeiras citas:

  • O 2 de maio, faremos unha presentación de Fiare no Banco do Tempo da AA.VV. de Valadares de Vigo.
  • O 6 de maio serán as reunións dos Grupos Locais de Ourense (18:30 horas) e de Coruña (19:30 horas).
  • O 8 de maio participaremos nunha charla no IES “Auga da Laxe” de Gondomar para toda a comunidade educativa.  No mes de marzo tivemos a oportunidade de estar noutros tres centros educativos dos que gardamos unha boa lembranza.

20130119-AsembleaFiareGaliza-1bAgardamos que todos estes actos, sumándose aos xa realizados sigan a contribuír á difusión de Fiare.  Se estás interesado/a en coñecernos máis podes solicitar información e/ou convidarnos a participar en charlas ou encontros no centro de estudos onde estudas ou traballas, no colexio profesional ao que pertences, na asociación de veciños da que formas parte, na túa cooperativa ou grupo de consumo…  E, sobre todo, anímate a participar!

Non podemos rematar este “pequeno” resumo sen agradecer a todas as persoas que co seu traballo gratuíto están a facer todo isto posible e lembramos que na última reunión da Xunta Directiva puidemos dar á benvida a unha nova entidade socia que é a primeira comunidade de montes veciñais en participar en Fiare Galiza: a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: