I Feira da Economía Social da Coruña e moito máis!

ConcertoFiareGaliza-17maio2013Este mes de maio está cheo de actividades nas que Fiare Galiza participa por toda a nosa terra.  Esta semana e a vindeira non serán unha excepción: hoxe, 8 de maio de 2013, presentamos o noso proxecto para toda a comunidade educativa no IES “Auga da Laxe” de Gondomar; o vindeiro mércores, 15 de maio de 2013, formaremos parte do ciclo de palestras “Creando alternativas II”, organizada pola Asemblea Aberta Ourense e na proxección-coloquio de finanzas éticas do documental “Con tu dinero” que terá lugar en Redondela.  En ambos casos estaremos xunto coas compañeiras e compañeiros de Coop57 Galiza e AIS O Peto.  Os momentos para o lecer tamén son tidos en conta polo que poderedes disfrutar dun concerto que se celebrará o venres 17 de maio de 2013 no Carballiño.

IFeira-Corunha-11maio2013Tamén, por suposto, participaremos cunha charla sobre banca ética (aquí tes unha sinxela presentación sobre Fiare Galiza), un monólogo sobre banca ética, información… este sábado, 11 de maio de 2013 na I Feira de Economía Social da Coruña

A comunidade de Coruña xunta ás organizacións solidarias de Galiza para celebrar o Día do Comercio Xusto. Un día que ten a finalidade de lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e tamén a calidade da nosa propia vida.

Nesta idea de comercio, e por extensión de economía, existen multitude de empresas e organizacións que traballan dignamente por acadar uns fins diferentes ao de maximizar o beneficio. Unha economía na que as persoas son o máis importante, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Unha economía solidaria, participativa e na que substituímos competir por compartir.

É por iso polo que, nesta sinalada data, o vindeiro sábado 11 de maio de 2013, organizamos unha Feira da Economía Social que terá lugar na Praza de Pontevedra de Coruña de 11:00 a 21:00 horas. Un lugar de encontro de diferentes empresas e organizacións que comparten esta idea de economía. Nela participarán organizacións de comercio xusto e cooperación, consumo responsable, banca ética, bicimensaxería e promoción da bicicleta, urbanismo e arquitectura sustentable, enerxías renovables, cociña solar, reutilización e reciclaxe, música libre, arte, software libre, tecnoloxía aberta, bancos de tempo, redes de troco…

Nestes tempos nos que a economía está desprestixiada, na que desconfiamos de todo pero dun modo ou doutro seguimos alimentando a roda deste sistema inxusto, queremos visibilizar ás persoas e colectivos que tamén son economía, pero economía social. Proxectos que podemos potenciar, aos que derivar o noso consumo e nos que podemos tamén participar.

Nesta feira poderemos:

  • Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
  • Trocar todo aquelo que non uses por outras cousas que necesites.
  • Coñecer outras alternativas ao teu consumo eléctrico.
  • Coñecer outras alternativas á banca convencional.
  • Coñecer como conseguir servizos e bens sen cartos.
  • Descubrir e debater sobre diferentes e interesantes temas como: o comercio xusto, o consumo responsable, a banca ética, a música libre, o software libre, a tecnoloxía aberta, …
  • Ver en funcionamento cociñas solares.
  • Escoitar música libre.
  • E moitas cousas máis!

As organizacións que confirmadas que participarán nesta feira son:

Anímate a participar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: