Asemblea Xeral de Banca Popolare Etica

BpEMañá, sábado 18 de maio de 2013, celébrase a primeira Asemblea interestatal de Banca Ética: Web onde seguir a Asemblea o sábado 18 de maio de 10h a 17h. Máis de 70 persoas socias da área Fiare asistirán a Florencia coas delegacións de votos de case 300 persoas do conxunto do Estado. Será un momento especial cargado de moito simbolismo porque por primeira vez participamos como Área recoñecida formalmente na estrutura cooperativa e en consecuencia presentamos un candidato ao Consello de Administración -Peru Sasia- en representación da área Fiare.

Os temas fundamentais desta Asemblea son a renovación do Consello de Administración (CdA), a renovación do Comité Sindical e como é habitual, a rendición de contas da actividade bancaria e as reflexións elaboradas polo Comité de Ética durante o último curso, á parte dos espazos de encontro informais entre as bases sociais de ambos os dous países.

Nesta convocatoria presentáronse un total de 20 candidaturas para o CdA: Candidaturas para o Consello de Administración. A principios de abril organizouse unha presentación no teatro Testoni de Bolonia onde as persoas candidatas puideron expor á base social as súas opinións sobre a situación actual e o enfoque polo que apostarían: Vídeo presentación candidaturas. Foi un encontro onde participaron unha representación de persoas socias das diferentes Áreas e púidose seguir vía streaming en ambos os dous países en directo, como se poderá seguir mañá sábado a Asemblea Xeral.

Unha das novidades desta edición será unha presenza de mulleres máis forte que nas anteriores edicións debido a que na Asemblea do 2012 aprobouse unha cota feminina para garantir a presenza de polo menos un 33% de mulleres no Consello de Administración. Están convocadas a participar máis de 38.000 persoas e organizacións socias da Cooperativa coa regra fundamental dunha persoa un voto.

Este ano a Asemblea de Banca Etica realizarase no marco de Terra Futura, a maior feira de Economía Social e Solidaria de Italia. Durante tres días, centenares de organizacións que traballan no ámbito de solidariedade van expor os seus proxectos e iniciativas de futuro. O programa da Feira vén acompañado de interesantes charlas-debate xunto a algúns dos pensadores e líderes dos movementos sociais tanto aquí en Europa como noutras rexións do mundo.

Máis información:

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: