Peru Sasia elexido novo membro do Consello de Banca Popolare Etica

Foto de grupo das persoas socias asistentes de Fiare

Foto de grupo das persoas socias asistentes de Fiare

O pasado sábado 18 de maio celebrouse a Asemblea anual de Banca Popolare Etica (Banca Etica) cunha presenza de persoas socias de FIARE importante. A Asemblea escolleu un novo Consello de Administración, entre os que figura Peru Sasia, actual presidente de FIARE estatal e unha persoa moi recoñecida no sector pola súa forte convicción e traballo por estender o proxecto en todo o Estado. Foi un día emocionante para as 89 persoas que levaron as 300 delegacións da nosa Área.

Nesta ocasión a Asemblea ratificou o apoio a Ugo Biggeri, converténdoo de novo en presidente de Banca Etica, coa súa aposta por internacionalizar o proxecto e culminar a apertura de servizos bancarios completos no territorio español.

Como mostran os resultados do proceso electoral, a vontade foi conformar un Consello cunha forte representación dos territorios, unha presenza dalgúns dos socios fundadores como ARCI, CISL, Libera e Médicos sin Fronteras e un perfil de membros máis técnicos para unha entidade que alcanza unhas cifras de activo e pasivo superiores aos 1.000 millóns de euros. Tamén por primeira vez non só hai paridade de xénero no máximo órgano político da entidade, senón que o compoñen  7 mulleres e 6 homes.

Outra das novidades desta convocatoria foi a aprobación do aumento do prezo das participacións do capital social en 2 euros. En xeral Banca Etica non reparte dividendos e reinviste os posibles beneficios no propio proxecto. Con todo esta foi a terceira ocasión en 15 anos, que aumentou o valor das participacións para agradecer ás persoas a súa confianza e o bo desenvolvemento dun proxecto bancario que traballa con outras regras.

Como último elemento a destacar, a Asemblea aprobou un novo Pacto coas Socias Fundadoras. Boa parte delas son as organizacións que puxeron en marcha o proxecto e que ao longo da década, deixaron espazo para que novas entidades collesen o pulso e o protagonismo nunha entidade viva. A idea central do novo espazo de Coordinación das Socias Fundadoras é que as redes de organizacións tanto a nivel nacional como sectorial e cun peso importante na operativa bancaria e/ou organizacións cun peso importante en capital social, poidan ter un espazo onde debater e facer achegas ao proxecto desde o seu idiosincrasía.

O día culminou en forma de festa para celebrar o bo desenvolvemento do encontro no marco de Terra Futura e aproveitar a ocasión de ter a 924 persoas socias presencialmente no Encontro de Florencia.

Para consultar os materiais da Asemblea 2013 clica  aquí.

Para consultar o Balance social 2012 clica aquí.

Fonte: www.proyectofiare.com

Máis fotos:

Boa parte do novo Consello de Administración de Banca Etica

Inscrición das persoas participantes

Intervención de Peru Sasia

Peru Sasia e Ugo Biggeri

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: