Allariz, un novo concello que se suma a difundir Fiare Galiza!

fiare04Un novo concello galego, esta vez o de Allariz, vén de confirmar que apoiará e sumará na difusión para a construción das finanzas éticas uníndose nun futuro cando rematen o estudo como persoa socia de Fiare Galiza. O pasado venres, 24 de maio de 2013, celebrouse unha reunión onde participaron varias persoas socias de Fiare Galiza-Sur co alcalde, o cal confirmou o compromiso de difundir a entidade.

O compromiso das institucións públicas na construción da banca ética é fundamental para fortalecer e reflectir o obxectivo de lograr unha banca ética participativa a todos os niveis.

Desde a Asociación Fiare Galiza damos grazas ao concello de Allariz pola difusión que lle vai dar a Fiare e animamos a todos os veciños e veciñas da vila a acudir á charla-coloquio sobre finanzas éticas organizada polo Grupo Local de Ourense en colaboración co concello, o xoves día 13 de xuño de 2013 ás 20:30 horas na Aula de Promoción Económica (Rúa do Portelo, Allariz).

A Banca ética avanza e precisa da túa participación, únete ao proxecto Fiare!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: