Creando alternativas!

Fiare-serO pasado día 15 de maio celebrouse no Liceo de Ourense unha xornada sobre finanzas éticas, precisamente da man da Asemblea Aberta do 15M en Ourense, co gallo dun ciclo de palestras que baixo o nome “Creando Alternativas II” conmemoraba o 2º aniversario do 15M. Acompañando a AIS O Peto e Coop 57, foi unha xornada de debate intenso onde se reflexionou sobre a problemática do sistema bancario convencional e máis as posibilidades e proxectos de finanzas éticas que traballan en Galiza. Desde Fiare compartíronse os avances no proceso de constitución da área Fiare como cooperativa de crédito sen ánimo de lucro, ante un público de máis 30 ourensanos e ourensanas.

palestrasII15MOurenseDesde Fiare Galiza foi moi especial compartir coa Asemblea Aberta de Ourense un momento importante como a conmemoración do 15M.

Aquí vos deixamos o video desta terceira palestra do Ciclo Creando Alternativas II onde falaron sobre Finanzas Éticas: Raquel do Allo de Fiare Galiza, Mª Jose Vázquez de Coop 57 e Ricardo Paz de AIS O Peto:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: