Fiare en Galiza segue medrando durante o mes de maio

Este mes de maio de 2013 entrou cargado de actividades, encontros, reunións… para o mundo das finanzas éticas nas nosas terras e rematará cun bo sabor de boca (fóra das nosas fronteiras puidemos asistir en Florencia á Asemblea de Banca Popolare Etica o que foi un gran acontecemento por ser a primeira vez que isto é posible).  Aquí mostrámosvos unha pequena crónica escrita e fotográfica do que foi acontecendo para que vexades todo o que ocorreu por se vos perdestes a oportunidade de acudir ao evento que tivo lugar nas vosas vilas.

20130119-AsembleaFiareGaliza-1bO mércores, 8 de maio de 2013, tivemos a oportunidade de presentar o proxecto Fiare á comunidade educativa do I.E.S. Auga da Laxe de Gondomar. Achegáronse á xuntanza membros do alumnado, do claustro de profesorado e outras xentes da Vila que coñeceran da convocatoria pola grande laboura de difusión dunha das nosas socias dese Concello. No salón de actos e tras a presentación do director do centro, fixemos unha breve introdución e logo proxectamos un video de 30 minutos  que  xa ofrece una ampla e clara idea do que é Fiare. Demos logo paso ás preguntas do público que de modo moi participativo deunos a oportunidade de deixar ben claro o proxecto. Fíxose palpable que o alumnado da asignatura de Ecomomía de 1º de Bacharelato presente xa tiña preparado o tema das finanzas éticas e fixéronse pola súa banda moi boas aportacións. Ao rematar algunhas das persoas presentes  levaron xa o convenio de adhesión, tanto para persoas físicas coma xurídicas. Rematamos a tardiña cunha xuntanza no bar na que poidemos decatarnos do dinamismo do tecido asociativo nesta bisbarra e animamos a todas as novas persoas socias a artellar un novo grupo local na zona.

charlaReperkusion-11demaio2013-IIILembramos con gran gusto que puidemos participar nunha charla de finanzas éticas xunto con AIS O Peto no marco do Festival Reperkusión en Bemposta (Cidade dos Muchachos) o sábado 11 de maio de 2013.  Xuntámonos unhas 15 persoas, charlamos durante unha hora sobre a situación actual da banca convencional fronte ás alternativas reais que xa están funcionando na Galiza. A charla foi organizada polo colectivo Sustinea, que promoveu distintas actividades vinculadas ao proxecto “Biofestival” co obxectivo de dinamizar un consumo responsable (tamén de finanzas) a través da importante cita cultural na vila circense en proceso de redinamización.

IFeiraEconomiaSocial-Cor-11maio2013O mesmo día pero esta vez na Coruña, nesta sinalada data, organizouse a I Feira da Economía Social da Coruña que tivo lugar durante case todo o día na Praza de Pontevedra desta cidade. Foi un lugar de encontro de diferentes empresas e organizacións que comparten esta idea de economía. Nela participaron organizacións de comercio xusto e cooperación, consumo responsable, banca ética, bicimensaxería e promoción da bicicleta, urbanismo e arquitectura sustentable, enerxías renovables, cociña solar, reutilización e reciclaxe, música libre, arte, software libre, tecnoloxía aberta, bancos de tempo, redes de troco… o que nos permitiu mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados; trocar; coñecer o software libre, a tecnoloxía aberta… e outras alternativas ao consumo eléctrico, á banca convencional…; descubrir e debater sobre diferentes e interesantes temas e moitas cousas máis.

palestrasII15MOurenseNon debemos esquencer que o pasado día 15 de maio celebrouse no Liceo de Ourense unha xornada sobre finanzas éticas, precisamente da man da Asemblea Aberta do 15M en Ourense, co gallo dun ciclo de palestras que baixo o nome “Creando Alternativas II” conmemoraba o 2º aniversario do 15M. Tedes toda a información se facedes clic na imaxe da dereita.

ConcertoFiareGaliza-17maio2013Concerto-Carballinho-25maio2013Tamén hai que salientar a gran participación nos dous concertos previstos para o 17 de maio de 2013 e para o 25 de maio de 2013 no Carballiño.  Moitas grazas a todas as persoas que o fixeron posible!

O 25 de maio de 2013, esta vez en Vigo, tivemos a ocasión unhas 15 persoas de xuntarnos no local que a Asociación Ser-Hacer ten en Vigo para ver o documental “Con tu dinero” que nos permitiu facer unha breve introducción ao proxecto Fiare e así entrar nun coloquio no que apreciamos a participación e o interese sobre o proxecto e globalmente sobre as finanzas éticas. A maioría do público asistente non tiña coñecementos sobre a banca ética e Fiare polo que foi un pracer para nós observar que esta primeira toma de contacto foi moi positiva e enriquecedora para todos e todas.

Os anteriores non foron os únicos encontros das últimas semanas xa que debemos contar coas reunións dos Grupos Locais de Ourense (6 de maio de 2013), Pontevedra (8 de maio de 2013), Vigo (22 de maio de 2013), Compostela (27 de maio de 2013) e Coruña (o 6 de maio de 2013) das que vos imos informando a través da páxina de facebook, do twitter e das respectivas listaxes de correo.

cartaz-Contudinero-Corunhacartaz-Contudinero-CarballinhoPara as persoas que aínda non puideran previamente ter a oportunidade de participar na proxección do documental “Con tu dinero” e o coloquio posterior este mes foi posible o mércores 25 de maio de 2013 en Redondela, o martes 28 de maio de 2013 en Coruña e pasadomañá, 31 de maio de 2013, será en Carballiño.

Rianxo-29maio2013Por suposto, debemos lembrar que onte, 29 de maio de 2013, tivo lugar en Rianxo a charla-coloquio “O diñeiro ao servizo da transformación social” que permitiu presentar nesta zona as distintas iniciativa de finanzas éticas que hai en GalizaAAVV-ValFragoso-Vigo-23maio

Xa vedes que Fiare segue a espallarse por toda a nosa terra! Se queres que nos acheguemos á túa vila, colectivo, asociación, centro de ensino, asociación de veciños (como fixeron o 23 de maio de 2013 a AAVV Val do Fragoso de Vigo na que os veciños puideron aclarar todas as súas dúbidas e comezaron a satisfacer á súa curiosidade)… non o dubides, participa e contacta connosco!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: