1 de xuño de 2013: Reunión do GIT Fiare Galiza Norte

Benquerida/o socia/o:

Como sabedes, desde a última asemblea da Asociación Territorial galega do proxecto Fiare, Asociación Fiare Galiza, a nosa estrutura mudou e estamos a organizarnos en dous Grupos de Implatanción Territorial (GIT Fiare Galiza Norte e GIT Fiare Galiza Sur). As socias e socios que residimos en Lugo ou na Coruña imos agora a organizarnos e coordinarnos dentro do GIT Fiare Galiza Norte.

20130119-AsembleaFiareGaliza-4O vindeiro sábado, 1 de xuño de 2013, as persoas socias das provincias de Coruña e Lugo, polo tanto, temos un encontro moi importante: a reunión do GIT Fiare Galiza Norte. Nesta reunión concretaremos os obxectivos en accións para os tres-catro meses seguintes.   Isto fará posible conseguir acadar os compromisos acordados na asemblea de Fiare Galiza que tivo lugar a principios de ano en temas como o capital social, a participación, a comunicación-difusión… creando grupos-equipos de traballo que favorezan o cumplimento das responsabilidades e permitan seguir a espallar o espírito de Fiare e as novidades que este proxecto presenta.

Esta nova xuntanza terá lugar no CSO Palavea a partir das 10 horas da mañá. A proposta de orde do día é a que segue:

  • 10-10:30 h. Presentación, benvida e posta ao día do proxecto Fiare.
  • 10:30-11:30 h. Descripción das tarefas e traballo asociado aos GITs e da valoración da proposta estratéxica para o GIT Fiare Galiza Norte:

1- Definición conxunta dos obxectivos a medio prazo do GIT Fiare Galiza Norte.
2- Elaboración de propostas de traballo de carácter trimestral que recollan actividades a desenvolver nos Grupos Locais do GIT Fiare Galiza Norte nos períodos que van entre cada xuntanza. Estas actividades estarán pensadas para dar cumprimentos aos obxectivos aprobados no punto 1.
3- Seguimento e avaliación do cumprimento destas actividades en cada xuntanza trimestral do GIT Fiare Galiza Norte.
4- Presentación da proposta de traballo para os seguinte trimestre en cada xuntanza do GIT Fiare Galiza Norte.

  • 11:30-12 h. Receso.
  • 12-13 h. Dinámica para a definición conxunta de obxectivos a medio prazo para o GIT Fiare Galiza Norte.
  • 13-13:30 h. Varios.
  • 13:30-14 h. Pequena avaliación: propostas de mellora.

En canto ao lugar de celebración desta xuntanza atoparedes máis información en: (http://okupacorunha.wordpress.com/). O CSO Palavea está localizado na estrada santiago-coruña.

Agardámosvos!

Máis información en: galizanorte@proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: