Asemblea de BpE (Firenze, 18 de maio de 2013)

entradaUn grupo de nove persoas socias de Fiare Galiza e asemade de Banca Popolare Etica (tres de Vigo, tres de Santiago e tres de A Coruña) tivemos a oportunidade de participar na Asemblea que se celebrou en Florencia o sábado 18 de maio de 2013. Representabamos ás dezanove persoas que xa son socias de Banca Popolare Etica (BpE ou Banca Etica) no territorio galego e agardabamos este momento con moitas expectativas.

BpEAdemais de organizarnos para viaxar conxuntamente, fomos cheos e cheas de ilusión por participar por primeira vez nunha Asemblea da cooperativa de crédito da que Fiare xa forma parte. A oportunidade era única e todos coincidimos en ter vivido un momento histórico por varios motivos.

Era a primeira vez que socias de Fiare Galiza participaban na Asembles de BpE e o fixemos xunto a máis de oitenta persoas de todo o estado, representando a case que trescentas persoas que delegaron o seu voto nas persoas alí presentes.

CdA-anteriorTamén coincidía coa elección dun novo consello de administración de Banca Etica, que é como adoita coñecerse en Italia. E se algo temos que salientar ao longo das máis de cinco horas ininterrumpidas de duración da asemblea foron as mencións e chiscadelas constantes ao futuro común, pois a integración de Fiare é unha das liñas estratéxicas de crecemento para os vindeiros anos.

Os exemplos viñeron en forma de aplauso clamoroso ao candidato de Fiare ao consello de administración (Peru Sasia) na súa presentación, á súa elección como integrante dese consello co apoio maioritario das persoas participantes (foi a terceira persoa en número de votos recibidos), á consideración da Fundación Fiare como unha das entidades fundadoras de BpE.

votosAsembleaEn definitiva, estamos a construír xuntos a primeira cooperativa de crédito europea sen ánimo de lucro, en cuxo consello hai máis mulleres (7) que homes (6) e que no vindeiro ano comezará a operar no estado español co visto e prace do Banco Central de Italia e a autorización do Banco de España.

materialGrazas á tradución simultánea puidemos seguir o desenvolvemento da asemblea sen atrancos lingüísticos, puidemos coñecer moito máis da estrutura interna o do funcionamento de BpE, puidemos coñecer o seu crecemento e os seus beneficios no balance e aprobar tamén os orzamentos para o vindeiro ano, percibir o seu apoio preferente a Fiare e poñerlle rostro e voz a moitas persoas que conformamos esta entidade.

Florencia acolUgo-Balanceleunos cun día primaveral e o lugar da celebración tiña moitos atractivos, porque na mesma Fortaleza di Basso tiña lugar a TerraFutura, que puidemos percorrer, aínda que non todo o devagar que nos tería gustado.

Como dicía o lema da Asemblea: “O interese más alto é para todos” (“L’interesse piu alto è quello di tutti”). E antes de escoller ao que seguirá a ser presidente de BpE, Ugo Biggeri (na foto da esquerda) -reelixido case que por unanimidade-, rematamos cunha foto de grupo, na que tamén aclamamos a berros a presenza de Peru.

Fiare-FirenzeOutra cuestión a salientar é a convivencia neses días do grupo galego (grazas a todos polo esforzo feito para estar presentes), que axudou a vencellarnos se cadra un pouco máis e a participar se cadra con máis forzas aínda na construción deste proxecto no que temos depositadas tantas esperanzas.

E da visita a cidade e aos seus museos, prazas e lugares engaiolantes teríamos que falar noutra crónica aparte, pois Florencia así o merecería.

FiareGZ-Firenze

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: