As finanzas éticas en Galiza comezan o mes de xuño con moi bo pé

2013-06-01 11.05.43O sábado 1 de xuño veu cargado de actividades para as persoas que formamos parte de Fiare Galiza e de todas as persoas interesadas en estar informadas e en participar no mundo das finanzas éticas na nosa terra.

Pola mañá, no CSO Palavea, na Coruña, xuntámonos un bo grupo de persoas para poder coñecer as últimas novidades tras a Asemblea de Banca Popolare Etica (BpE) en Florencia, a evolución do proceso de integración BpE-Fiare, as suxerencias do novo Comité Ético de Fiare, os avances na operativa bancaria, a presentación de propostas e novas ideas para formación e comunicación… para así poder coordinarnos e organizar o traballo que lle corresponde ao Grupo de Iniciativa Territorial no que nos agrupamos as persoas socias das provincias de Coruña e Lugo: o GIT Fiare Galiza Norte.  Xa están en marcha os equipos de traballo de formación, comunicación e participación.  Anímate a formar parte deste proxecto tan ilusionante e construtivo!  Podes aclarar as túas dúbidas en: galizanorte@proyectofiare.com.

Bioterra-Carballinho-xunho2013Pola tarde, xunto con AIS O Peto e Coop57, estivemos presentes novamente no Carballiño para charlar na vila sobre finanzas éticas. O coloquio foi desenvolvido no marco do festival de consumo consciente Bioterra, que tras 2 anos de descanso volveu á vila durante a fin de semana do 31 ao 1 de xuño incluíndo moitas actividades vinculadas a alternativas de economía social e solidaria. Houbo espazo para o bo cine tamén, coa proxección do documental “Con tu Dinero” da man da Asociación Cineclube Carballiño. Ademais salientamos que toda a recadación do festival foi destinada para o fondo perdido de Fiare.

cartaz-Contudinero-CarballinhoNa charla-coloquio sobre finanzas éticas houbo un amplo tempo para o debate, entre reflexións sobre os abusos da banca convencional e alusións ao momento cada vez máis próximo de concluír o proceso de integración de Fiare-BpE. O público asistente mostrou gran interese en apoiar as finanzas éticas e foi unha actividade onde quedou claro o espírito transformador e xa real das iniciativas que propoñemos unha economía ao servizo das persoas.

Lembra que se o desexas podemos achegarnos a que coñeces máis sobre as finanzas éticas, o proxecto Fiare… no teu centro de ensino, na túa asociación de veciños, no teu grupo de consumo, no teu concello, na túa asociación xuvenil ou cultural, no teu colexio profesional…  Solicita información nos seguintes correos:

  • nas provincias de Ourense e Pontevedra: galizasur@proyectofiare.com
  • nas provincias de Coruña e Lugo: galizanorte@proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: