Fiare e o Concello de Zarautz asinan un acordo de colaboración

O consistorio apoia a banca ética achegando 1.800 euros para capital social. Tras este primeiro convenio, a rede social espera que a institución se converta, máis adiante, en novo socio

Autora: Ainara lozano (Domingo, 9 de Xuño de 2013).

Os membros de Fiare posan xunto aos edís Eider Illarramendi e Iñaki Eizagirre e co cartel anunciador do documental 'Con tu dinero'.

Os membros de Fiare posan xunto aos edís Eider Illarramendi e Iñaki Eizagirre e co cartel anunciador do documental ‘Con tu dinero’.

Zarautz. Os membros da banca ética Fiare de Zarautz e o Concello acaban de asinar un acordo de colaboración. Deste xeito, ademais de ceder ao grupo que traballa no municipio o local da rúa Madoz, o Consistorio achegará 1.800 euros para o capital social. Así mesmo, Fiare desexa que no día a día da xestión municipal, a institución faga uso da banca ética. Zarautz únese así á iniciativa de localidades como Donostia, Azpeitia ou Usurbil. que tamén subscribiron acordos de colaboración coa rede social.

Fiare busca un modelo de desenvolvemento social e económico máis xusto para toda a sociedade. Funciona da seguinte maneira: como noutras entidades bancarias, as persoas invisten unha cantidade de diñeiro nuns prazos e condicións concretos e ao finalizar o prazo, recuperan todo o seu capital, con todas as garantías. Con todo, a diferenza é a seguinte: con ese diñeiro non se impulsa calquera proxecto, senón que unicamente se destina para propósitos acordados por unha comisión de Fiare. As iniciativas apoiadas están ligadas ao desenvolvemento do Terceiro Mundo, á axuda a persoas excluídas para a súa integración social, ao coidado do medio ambiente e a impulsar as asociacións sociais sen ánimo de lucro. “Nunha época na que é necesario outro modelo de banca, alégranos que os veciños estean a desenvolver este proxecto”, sinalou o edil de Facenda, Iñaki Eizagirre.

O grupo de Zarautz comezou a impulsar a iniciativa na vila hai dous anos e confórmano doce veciños. “Se a colaboración vai para adiante, o Concello poderá ser un dos socios e participar nas asembleas”, subliñou o membro de Fiare, Igor Etxabe. “Temos un sistema inxusto, pero somos os nosos propios axentes e está nas nosas mans cambialo”, engadiu Joxean Azkue, tamén de Fiare.

O grupo de Zarautz finalizará este curso proxectando o documental “Con tu dinero”, o vindeiro xoves, ás 19.00 horas, en Modelo Aretoa, con posterior faladoiro.

Fonte: www.noticiasdegipuzkoa.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: