Lanzamento de CAES, seguros para a economía social

Este proxecto de cooperación para o aseguramento ético e solidario (CAES) é unha iniciativa de Arç cooperativa e Seryes, dúas das organizacións mutuais que traballan no campo do seguro ético e que son membros de FIARE. Como non se cansan de repetir, durante o 2012 movéronse máis de 250.000 millóns de euros no conxunto das organizacións aseguradoras no territorio español. Polo tanto, é un sector que forma parte do sistema financeiro e que debe ser reformulado para apostar cara a alternativas que garantan a transparencia do uso do diñeiro.

CAES significa valores nun sector que tradicionalmente busca as mellores condicións económicas e prezos cooperativos, por tanto en moitas ocasións vantaxes respecto dos prezos de mercado. Como lembraba Jordi Via na presentación que fixeron a semana pasada en Madrid, a implicación de Atlantis foi fundamental para o desenvolvemento dos seguros éticos e solidarios no territorio español.

A posta en marcha desta iniciativa, que xorde en Italia, pretende interpelar ao sector sobre o uso do diñeiro que xestionan e recuperar a finalidade social do seguro nun sentido mutual. Para a viabilidade socioeconómica deste modelo é vital o desenvolvemento e consolidación da economía social e solidaria e un mercado social forte. O obxectivo de CAES é precisamente fomentar desde o ámbito asegurador o mercado social, ofrecendo servizos ás organizacións e persoas e empresas que forman parte deste.

A relación das dúas organizacións con CAES Italia permitiu lanzar e consolidar o selo Ethsi no territorio español e acompañou ao proceso de creación de CAES estatal.

Fonte: www.proyectofiare.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: