Coñece máis de Fiare-BpE!

IMG_1508Hoxe, mércores 27 de xuño de 2013, ás 20:00 horas teremos reunión do Grupo Local de Vigo.  Terá lugar no lugar habitual, na sede de Proclade na Rúa Honduras 7 baixo de Vigo. Este encontro permitiranos seguir estando informados/as das últimas novidades, compartir os diálogos establecidos con persoas interesadas no tema, pór en común ás charlas organizadas ou ás que fomos invitados/as, organizar as actividades para as vindeiras semanas e meses e moito máis.  Participa! Agardámoste!

Se non estás en Vigo pero queres seguir ao día do que se está movendo en Fiare-BpE poderás adicarlle un tempo nesta fin de semana xa que mañá, venres 28 de xuño de 2013, ás 19:00 horas e o sábado 29 de xuño de 2013 ás 10:00 horas teremos unha xornada formativa con Alberto da oficina de Bilbao.  Falaremos do papel dos GITs (Grupos de Iniciativa Territorial) na operativa bancaria, dos produtos de aforro e doutro tipo que se poderán ofertar, da avaliación ético-social dos proxectos, da relación coas persoas responsables da concesión de crédito…  para así estar totalmente preparados/as nesta nova etapa na que seguimos en camiño cara a fusión de Fiare coa Banca Popolare Etica (BpE).  Toda persoa socia que así o desexe poderá asistir a unha das dúas xornadas.  Ademais o propio sábado, 29 de xuño de 2013, despois do encontro formativo daremos paso á reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza para seguir coordinándonos, traballando, propoñendo e coñecendo este proxecto tan interesante no que estamos implicados/as.

Material-Asemblea-BpE-18maio2013-FirenzeAproveitamos esta breve entrada no blog para comentarvos que no local de Panxea, na Rúa da Rosa 36 baixo en Santiago de Compostela, poderedes consultar a documentación (imaxe da dereita) que trouxemos da Asemblea de Banca Popolare Etica en Florencia o 18 de maio de 2013.  As persoas socias que así o desexen tamén poderán ter acceso a máis información que temos en pdf.

Desexamos vervos! Seguimos construíndo entre todas e todos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: